A Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, ven de dar a coñecer a programación de Camiño a Camiño para o outono 2018
Nela recollense os percorridos medioambientais previstos, o calendario das hortas urbanas e dos cursos, así como aquela outra información de interese para os/as participantes e a cidadanía en xeral.
Nesta edición incorpórase como novidade unha actividade familiar de sensibilización en relación coa contaminación lumínica e coa erradicación no uso de plásticos de un uso. A actividade vai dirixida a nais e/ou pais cos seus fillos/as ata 12 anos e vaise combinar unha acción en Vigozoo durante o mes de outubro e unha visita a Ancares durante novembro. Ver máis detalles no programa
A Concelleira tamén presentou a campaña de "Compromiso cero coas bolsas de plástico de un uso", que se vai facer de xeito conxunto con Vegalsa-Eroski, patrocinador de Camiño a Camiño.
No programa que se achega (premer para descargar ou acceder á solapa PROGRAMA) atópase o detalle das actividades e da campaña, sendo o vindeiro sábado 6 de outubro os primeiros cursos de hortas e de voluntariado.
As inscricións para todas estas actividades pódense facer no 010 (986 810 260 dede móbil) durante a semana previa a cada unha delas e no caso das actividades familiares a partires do 8 de outubro.
As hortas urbanas proseguiran a súa actividade habitual, só que a partires da semana que vén en horario de inverno: de 10 a 13 polas mañás e de 16 a 19 polas tardes.