A preinscrición para o voluntariado en Illas Cíes: entre 5 e 13 de xuño

Concellería de Medio Ambiente, coincidindo co Día Internacional do Medio Ambiente, ven de presentar a Campaña de voluntariado de Camiño a Camiño para o período estival nas Illas Cíes, que como todos os anos se organiza en colaboración co Parque Nacional das Illas Atlánticas:



- Período actividade: 1 xullo - 8 de setembro, en quendas de 5 días (de luns tarde a venres mañá) e 2 fins de semana (a finais de agosto e principio de setembro). Ver quendas na ficha de preinscrición.

- Tarefas a realizar: erradicación de especies invasoras, limpeza de espazos públicos e de colaboración en proxectos de conservación e investigación.

- Requisitos para participar no Voluntariado de Camiño a Camiño: ter feito o Curso de Iniciación ao Voluntariado medioambiental e dispor de Acordo de Voluntariado renovado en xuño de 2019 (quen teña asinado acordo e entregado DNI xa non fai falla; ou sexa, quen está facendo voluntariado en 2018 e 2019 xa o teñen ao día). Este último proceso, de non telo feito, poderase realizar na Concellería de Medio Ambiente (2º andar do Concello de Vigo), en horario de mañá.

- Prazo de preinscrición: ata o día 13 de xuño. .

- Lugar de preincrición: por calquera das seguintes vías
   a) Cubrindo o seguinte formulario de preinscrición (premer
   b) Levar cuberta ficha de preinscrición (premerá Concellería de Medio Ambiente (2º andar do Concello). 
En calquera do método de preinscrición hai que sinalar de forma priorizada dúas quendas escollidas. Lembrar que non se pode repetir.
Na mesma ficha pódense indicar aquelas persoas voluntarias interesadas en ir xuntas nunha quenda.

- Adxudicación de prazas: farase atendendo ás solicitudes e no caso de máis demanda que prazas, terase en conta o número de horas de voluntariado medioambiental realizado entre outubro de 2018 e maio de 2019. No caso de que haxa varios candidatos/as en igualdade de condicións, efectuarase un sorteo entre eles. Comunicarase o resultado entre o 14 e 17 de xuño

- Prazo de inscrición definitivo: unha vez realizada a asignación de prazas, terá lugar entre o 18 e o 24 de xuño presentando a ficha de inscrición definitiva (colgarase no blog nese momento). Compre lembrar que é importante cumplir con estes prazos para poder facer as correspondentes reservas de acceso ao Parque Nacional e, logo, reservar os billetes con antelación suficiente para non quedar sen poder acceder á illa.

Máis información en info@caminoacaminovigo.org ou  no 662 23 10 23 (horario oficina)
Nombre

Avisos,2,Fotos,51,Novas,132,Programación,5,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2022: A preinscrición para o voluntariado en Illas Cíes: entre 5 e 13 de xuño
A preinscrición para o voluntariado en Illas Cíes: entre 5 e 13 de xuño
https://3.bp.blogspot.com/-zb1_7el-fvo/Wwq-d38bKcI/AAAAAAABVLQ/qX3NMa4DVtQU3Itlib3DwWFdA-FxdmB2ACPcBGAYYCw/s320/VolCies%2BQ4%2B%25286%2529.jpeg
https://3.bp.blogspot.com/-zb1_7el-fvo/Wwq-d38bKcI/AAAAAAABVLQ/qX3NMa4DVtQU3Itlib3DwWFdA-FxdmB2ACPcBGAYYCw/s72-c/VolCies%2BQ4%2B%25286%2529.jpeg
Camiño a Camiño Vigo 2022
https://www.caminoacaminovigo.org/2019/06/preinscricion-voluntariado-cies-01.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2019/06/preinscricion-voluntariado-cies-01.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar