Camiño a Camiño de Outono arranca na primeira semana de outubro

O Alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou a tempada de outono 2019 do Programa de Educación Medioambiental "Camiño a Camiño" no acto de sinatura de convenio celebrado esta mañá coa presenza do Director Xeral de Vegalsa-EroskiEstán previstos percorridos medioambientais entre outubro e novembro, as actividasdes de hortas urbanas e dos cursos


No programa que se achega (PREMER para descargar) atópase o detalle das actividades e da campaña. 


A primeira ruta terá lugar o domingo 6 de outubro coa clásica travesía Monte Galiñeiro - Monte Aloia, iniciando unha serie de sendas a carón da botánica tanto en Vigo (no Parque Tecnolóxico de Valladares, no Arco da Vella en Bembrive e no Pazo de Castrelos; a do Monte da Guía tense que suspender por coincidir con xornada electoral) como na provincia de Pontevedra (Castelo de Sobroso e Lourizán). 


O domingo 13 de outubro participarase na IIª Andaina pola rexeneración dos montes de Vigo, coincidindo co segundo aniversario dos catastróficos incendios que asolagaron os nosos montes en outubro de 2017.

As hortas urbanas proseguiran a súa actividade habitual xa en horario de inverno: de 10 a 13 polas mañás e de 16 a 19 polas tardes. Para poder participar é preciso realizar o curso básico de hortas urbanas previsto para o sábado 5 de outubro ou xoves 10 de outubro, en Vigozoo.

Tamén seguen as actividades de voluntariado medioambiental nos montes de Vigo, nos sendeiros locais ou na caneira municipal. Para poder participar é preciso realizar o curso de iniciación ao voluntariado medioambiental previsto para o sábado 5 de outubro en Vigozoo.

As inscricións para todas estas actividades pódense facer no 010 (986 810 260 dende móbil) durante a semana previa a cada unha delas, iniciándose o luns 30 de setembro.

Nombre

Avisos,2,Fotos,81,Novas,194,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Camiño a Camiño de Outono arranca na primeira semana de outubro
Camiño a Camiño de Outono arranca na primeira semana de outubro
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgm0CxCloRjSOGrR3KvxEShd0bqWllDyIcovBIEqeUvUzqPqDVvUYXecKJPoBdyNnvZPCn5QDlEI0o1ySYfl7xDxxbhcdz2oriCf7ye9oDfnxsm5cqNb6qfBGij8or5tsehPOHdWzVT3bbl/s400/2019-09-26+Convenio+ConcelloVigo-Eroski.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgm0CxCloRjSOGrR3KvxEShd0bqWllDyIcovBIEqeUvUzqPqDVvUYXecKJPoBdyNnvZPCn5QDlEI0o1ySYfl7xDxxbhcdz2oriCf7ye9oDfnxsm5cqNb6qfBGij8or5tsehPOHdWzVT3bbl/s72-c/2019-09-26+Convenio+ConcelloVigo-Eroski.jpg
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2019/09/temporada-outono.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2019/09/temporada-outono.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar