Na segunda semana de outubro: Andaina polos montes e cursos de hortas



Nesta segunda semana de outubro, a Concellería de Medio Ambiente de Vigo proponche participar o xoves 10 de outubro, pola tarde en Vigozoo, no Curso básico de hortas urbanas e na Charla sobre Compostaxe. O domingo 13, pola mañá, a proposta é participar na II Andaina pola rexeneración dos montes de Vigo.

Inscrición no 010 (986 81 02 60 dende móbil) dende o luns 7 de outubro.

Toda a información da programación nesta web e no programa (PREMER)


II Andaina pola rexeneración dos montes de Vigo (domingo, 13 de outubro, 9:00 na Praza do Rei, Volta sobre as 14:00) 
Con motivo do segundo aniversario dos devastadores lumes de outubro de 2017, a Concellería de Medio Ambiente xunto con Montes de Vigo, organizan esta andaina que serverá para coñecer de preto como se atopan na actualidade os montes queimados en Valladares, Matamá, Comesaña e Coruxo. Tamén se dará a coñecer que actuacións se teñen levado a cabo e o que está previsto a futuro, tendo en conta que calquera actuación de rexeneración require bastante tempo.

Como se ve no mapa de abaixo, a Andaina é circular e arranca do Monte dos Pozos, para pasar polo Parque Forestal de Maruxento (Matamá) e ver algunhas das actuacións que xa se levan feito. Logo encamíñase á falda do Parque Forestal de Aguieira (Comesaña) para logo volver a Monte dos Pozos. En total a distancia son 9,1 km e para familias con nenos e persoas que queiran menos percorrido, farase unha versión reducida.



Curso de Hortas urbanas e Charla sobre compostaxe

- Curso básico de hortas urbanas (10 outubro, 16:30-19h, Vigozoo, 5 euros). Este curso habilita para participar nas hortas-escola do Concello de Vigo

- Charla "Compostaxe: métodos e trucos para horta, xardín e balcón" (10 outubro, 18-19:30h, Vigozoo, gratuíto). Poñente: Oliver Weiss, enxeñeiro agrónomo.



Para ambos cursos hai que facer a inscrición a través do 010 (986 81 02 60 dende móbil) dende o luns 7 de outubro ata o mércores 9 de outubro.



Nombre

Avisos,2,Fotos,51,Novas,132,Programación,5,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2022: Na segunda semana de outubro: Andaina polos montes e cursos de hortas
Na segunda semana de outubro: Andaina polos montes e cursos de hortas
https://1.bp.blogspot.com/-gRG5Q8HOOpQ/XZdaqZUaGCI/AAAAAAABbO0/OXv17OmfEek-PSwyPj9SrP5qKmFHRZL4QCLcBGAsYHQ/s320/MVigo-Trail-Andaina-18c%2B%252818%2529.jpg
https://1.bp.blogspot.com/-gRG5Q8HOOpQ/XZdaqZUaGCI/AAAAAAABbO0/OXv17OmfEek-PSwyPj9SrP5qKmFHRZL4QCLcBGAsYHQ/s72-c/MVigo-Trail-Andaina-18c%2B%252818%2529.jpg
Camiño a Camiño Vigo 2022
https://www.caminoacaminovigo.org/2019/10/outubro-2019-semana-2.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2019/10/outubro-2019-semana-2.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar