O primeiro día de decembro amaneceu despexado despois dunha noite de intensa choiva e con tal motivo poidose realizar un fermoso percorrido pola Senda azul polo litoral e o Monte da Guía. Comprobouse como se combina unha paisaxe industrial e unha paisaxe en proceso de recuperación e, sen dúbida, como o Monte da Guía resulta un auténtico pulmón.
Coa presenza da Concelleira de MedioAmbiente, Nuria Rodríguez, e de Mely, de Voces polo Litoral de Teis, poidose entender como se está retornando ao seu estado natural a praia da Punta e case dúas hectáreas de monte colonizado por acacia negra. Nas fotos que se atopan no album pódese comprobar (PREMER)
Con este percorrido finaliza a campaña de outono-inverno de 2019 e quedamos todos e todas convidados para a primavera de 2020. Boas Festas.