Primeira semana de marzo: Lavadores, Curso de hortas e Curso de voluntariado

Nesta primeira semana de marzo, a Concellería de Medio Ambiente de Vigo proponche o seguinte plan:
- Sábado 7 marzo, 10-13h en Vigozoo: Curso básico de hortas urbanas
- Sábado 7 marzo, 10-13h en Vigozoo: Curso de iniciación ao voluntariado medioambiental
- Domingo 8 marzo, 9-14: Camiños dos agricultores de Lavadores (ver máis info abaixo)

Inscrición no 010 (986 81 02 60 dende móbil) dende o luns 2 de marzo. Toda a información da programación nesta web e no programa (PREMER)


Camiños dos agricultores de Lavadores (domingo 8 marzo, mañá)
Ao igual que na semana pasada percorrimos as parroquias de Matamá e San Andrés de Comesaña para coñecer a importancia dos canteiros nestas parroquias, nesta semana que vén o faremos no antigo concello de Lavadores (PREMER para ver como foi o proceso de configuración de Vigo dende 1809 ata 1941, onde finalmente absorbeu a Lavadores). O obxectivo é coñecer a importancia da agricultura neste concello que sucedeu ao de Val do Fragoso a partir de 1836 e que estivo operativo ata o 16 de abril de 1941, cando foi anexionado por Vigo despois de múltiples vicisitudes.

Aparte de ser o "graneiro" de Vigo, as súas xentes fornecían de man de obra a puxante industria que se estaba desenvolvendo na construción naval, nas conserveiras e nos negocios pequeiros de Vigo. Tal e como se recolleu no ano 2011 nunha exposición denominada "Proxecto Lavadores": "A leira e o gando eran os traballos que seguían despois do toque de sirena da factoría". Tamén é significativo o feito de que en Lavadores concentrouse unha importante actividade sindical das organizacións campesiñas e obreiras, que fixeron que se acabara chamando "A Rusia chiquita" e un dos epicentros dos movementos agraristas de Galicia que reivindicaban a terra para quen a traballaba.

Resulta curioso como precisamente no traxecto que se vai realizar o domingo 8 de marzo, vaise circular a carón de tres hortas urbanas municipais, onde na actualidade máis dun cento de usuarios e usuarias practican semanalmente a experiencia de cultivar a terra.


Descrición da ruta
A ruta está previsto iniciala no paseo peonil do Calvario, a onde nos trasladará Vitrasa dende a Praza do Rei. Dende este punto circularase pola rúa Ramón Nieto podendo contemplar o Val do Fragoso en toda a súa extensión.
Farase unha parada na ACRD de Pardavila, onde estivo localizado no seu día o Concello de Lavadores e poderemos escoitar algunhas historias interesantes da súa etapa como concello e da súa tradición agrícola.
Posteriormente transitarase polas rúas paralelas a Ramón Nieto, entre elas a rúa de Fontáns, onde se atopa unha das hortas municipais. No traxecto poderemos comprobar como o río Lagares artella o territorio e como aínda a día de hoxe está moi presente a agricultura de autoconsumo.
Chegaremos ao Mercado de Cabral e dirixirémonos cara a horta municipal de Sardomela, para posteriormente, conectando co Sendeiro Local de Cabral, chegar ao Gorxal e rematar preto do cimeterio de Lavadores.


Nombre

Avisos,2,Fotos,83,Novas,199,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Primeira semana de marzo: Lavadores, Curso de hortas e Curso de voluntariado
Primeira semana de marzo: Lavadores, Curso de hortas e Curso de voluntariado
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgBg67rplHCkbsIf7YTqeXi-VHhxEePFLNoNj2yzfJs-8DdMg_47ZX_LD4qv665eqv5gK5XkfdwRMyrXoalAzT9Am_Nuuk_WLZJak1r8Nq_tpDob4CBPm51kLb76jiKp-Ek1YgymLOo5rsU/s400/Foto+hist%25C3%25B3rica+Lavadores.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgBg67rplHCkbsIf7YTqeXi-VHhxEePFLNoNj2yzfJs-8DdMg_47ZX_LD4qv665eqv5gK5XkfdwRMyrXoalAzT9Am_Nuuk_WLZJak1r8Nq_tpDob4CBPm51kLb76jiKp-Ek1YgymLOo5rsU/s72-c/Foto+hist%25C3%25B3rica+Lavadores.jpg
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2020/03/camino-a-camino-primeira-semana-de-marzo.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2020/03/camino-a-camino-primeira-semana-de-marzo.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar