Na fin de semana do 3 e 4 de outubro os paseos interpretativos polos montes de Vigo dirixiranse cara os montes de Valladares e de Matamá-Comesaña. Esta iniciativa forma parte do programa Camiño a Camiño da Concellería de Medioambiente de Vigo, en colaboración con Montes de Vigo e Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.
En Valladares teremos ocasión de percorrer o entorno do Parque Forestal do Monte dos Pozos, coa súa particular panorámica da Ría de Vigo, e achegarnos ao antigo vertedoiro de O Zondal. Neste punto sepáranse as rutas previstas. A curta diríxese cara a Cruz da Pinguela e a longa cara o Monte Cepudo e o Monte Alba, pasando no retorno pola citada cruz ao carón do cimiterio privado de Valladares.
En Matamá-Comesaña poderemos contemplar como se está producindo a rexeneración dos montes queimados en 2017, con interesantes panorámicas e recunchos cun encanto particular polo novidoso da actuación realizada (lagoa, arboreto, etc) ou pola historia que ten (antigas canteiras, muiños, rodeiras de carros, antiga incineradora, etc)
En cada un dos paseos haberá dous niveis de dificultade para que sexa asequible a todo tipo de públicos.
SENDEIRO LOCAL DE VALLADARES.
✔ Sábado 3 de outubro
🏁 Punto de Encontro: Parque Forestal do Monte dos Pozos (ver GOOGLE MAPS).
👀 Hora de rexistro de entrada: 16:45. Hora de saída: 17:00. Hora finalización 19:15 (aprox)
🏃 Percorrido curto: 4,3 km, pendente media 7,8%, dificultade baixa | Percorrido longo: 6,7 km, pendente media 9,4%, dificultade media
🎼 Actuación (19:30): A.F. Queixumes (música). A.F.C Froles Novas (música e baille)
SENDEIRO LOCAL DE MATAMÁ-COMESAÑA.
✔ Domingo 4 de outubro
🏁 Punto de Encontro: Parque Forestal do Maruxento (Matamá) (ver GOOGLE MAPS).
👀 Hora de rexistro de entrada: 9:45. Hora de saída: 10:00. Hora finalización 12:15 (aprox)
🏃 Percorrido curto: 3,5 km, pendente media 8,4%, dificultade baixa| Percorrido longo: 8,0 km, pendente media 9,3%, dificultade media
🎼 Actuación (12:30): A.F.T. Os Ventos de Comesaña (música). A.X de Tempo Libre Vagalume (música)
INSCRICIÓN (100 prazas por paseo)
- Dende luns 28 setembro, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
- Cada participante pode inscribirse a un único paseo por fin de semana, podendo solicitar estar na lista de agarda do outro para o caso de que houbese prazas dispoñibles.
- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org ou no teléfono 662 23 10 23 para así convocar á lista de agarda.