O derradeiro paseo interpretativo polos montes de Vigo nesta primavera está previsto para o 20 de xuño e percorrerá os Sendeiros Locais de Oia e de Saiáns, con inicio de actividade no Parque Forestal de San Miguel de Oia (ver en Google Maps) e trazado polos montes de Oia e Saiáns e parada no Miradoiro Alto de Bandeira.
Deste xeito remata a programación de Camiño a Camiño, promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo, e nesta edición de primavera-21 en colaboración con Montes de Vigo e Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.
INSCRICIÓN (100 prazas por paseo, gratuíta)
- Dende luns 14 de xuño, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
- Haberá dous niveis de dificultade para que sexa asequible a todo tipo de públicos.
- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org ou no teléfono 662 23 10 23 para así convocar á lista de agarda.
- Continuaremos condicionados polos protocolos covid-19 e por tal motivo achegarémonos dun xeito tranquilo ao patrimonio natural e etnoarqueolóxico dos montes periurbanos que nos rodean nun auténtico anel verde.
SENDEIROS LOCAIS DE OIA E SAIÁNS.
✔ Domingo 20 de xuño
🏁 Punto de Encontro: Parque Forestal de San Miguel de Oia (ver GOOGLE MAPS).
👀 Hora de rexistro de entrada: 9:30. Hora de saída: 9:45. Hora finalización 12:15 (aprox)
🏃 Percorrido curto: 5,5km, pendente media 8,3%, dificultade media | Percorrido longo: 7,1 km, pendente media 28,8%, dificultade media-alta (forte desnivel)
🎼 Actuación (12:30): Os Ventos de Comesaña, Monteira e Traspés