Camiño a Camiño - Serras a carón de Vigo_Etapa 1: Serra do Suído

O vindeiro domingo, 17 de outubro, dentro da programación de Outono'21 de Camiño a Camiño, promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo, arrancamos a serie de etapas "Serras a carón de Vigo". A primeira destas etapas realizarase na Serra do Suído.

A andaina vai ser de 10,6km, de dificultade media-alta e cunha única ruta (ver Características técnicas). Comprenderemos como se orixinou xeolóxicamente a Serra e visitaremos un dos seus atractivos: o foxo do lobo de Campo. 

Como sempre a inscrición realízase a través do 010 (986810260 dende móbil) e, unha vez se dispoña de praza, realizarase o pago do desprazamento (ver Inscrición e Pago)


Andaina polo GR-53

INSCRICIÓN E PAGO (100 prazas)

- INSCRICIÓN: Dende luns 11 outubro, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade. Achega 3 euros (menores de 12 anos: 50%)

- PAGO: 

   a) A través da sede electrónica do Concello de Vigo (PULSAR AQUI). Pódese consultar a guía de funcionamento AQUI. Pódese realizar dende o luns 11 de outubro.

   b) Solicitando a carta de pagamento na Concellería de Medio Ambiente (2º andar do Concello) de 9:00 a 13:30. Nesta etapa, como coincide con ponte, terá que ser dende o mércores 13 de outubro. Logo abonarase a achega na oficina de Abanca da lonxa do Concello.

- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org ou no teléfono 662 23 10 23 para así convocar á lista de agarda.

SERRA DO SUÍDO (Características técnicas)

✔ Domingo 17 outubro

🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei (marquesina de autobús)

👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora finalización 15:30/16:00 (aprox)

🏃 Percorrido: 10,6 km; altura mín/max: 512m / 967m; pendente media 5,9% / -8,5%; pendente máxima 17,2% / -23,3%; incremento/perda de elevación: 269m/-552m; dificultade media-alta

👉 Recomendacións: calzado de sendeirismo, bastóns, gorra, roupa de abrigo e cortaventos, comida e auga para 5-6 horas.





Nombre

Avisos,2,Fotos,81,Novas,194,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Camiño a Camiño - Serras a carón de Vigo_Etapa 1: Serra do Suído
Camiño a Camiño - Serras a carón de Vigo_Etapa 1: Serra do Suído
Serras a carón de Vigo. Etapa 1: Serra do Suído. Camiño a Camiño, da Concellería de Medio Ambiente de Vigo
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjNpEnWtRypUEuY80ULxs1_iVGm9ZeHrGY9PTp9xfgoMwIB_iE-AvL0VX_TJOkOC-ZCtIfmmevyTMhGPcrg1tvMfUvt6XwOOZgT7dNNpvN9YnVBR-kL_u4_M8D5lqFIN-BN-sr1mOEcmaGo/w640-h426/2021-09-19+GR53-Et4a-2.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjNpEnWtRypUEuY80ULxs1_iVGm9ZeHrGY9PTp9xfgoMwIB_iE-AvL0VX_TJOkOC-ZCtIfmmevyTMhGPcrg1tvMfUvt6XwOOZgT7dNNpvN9YnVBR-kL_u4_M8D5lqFIN-BN-sr1mOEcmaGo/s72-w640-c-h426/2021-09-19+GR53-Et4a-2.jpg
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2021/10/camino-camino-serras-caron-de-vigoetapa.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2021/10/camino-camino-serras-caron-de-vigoetapa.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar