Hoxe tocou a Serra da Groba, dentro da serie de percorridos interpretativos "Serras a carón de Vigo" (Camiño a Camiño, Concellería de Medio Ambiente de Vigo). A mañán arrancou gris pero aínda se aguantou e permitiu descubrir un paraxe engaiolante polo que encerra en termos de matogueira e historia pasada de contínuas queimas para lograr pastos, entre outros, para os garranos (semellantes aos cabalos pero curiosamente non están directamente emparentados con estes).
As panorámicas das Rías Baixas e, particularmente, da entrada da Ría de Vigo tamén foron outros dos atractivos, onde se poido afondar na orixe xeolóxica das mesmas e das serras que están en segunda liña.
Outras instantáneas destacadas, incluídas as da Estación arqueolóxica de Outeiro dos Lameiros, atópanse na reportaxe que se recolle no ENLACE, sendo algunhas as seguintes: