O Alcalde de Vigo presenta a edición de primavera de Camiño a Camiño de Primavera, que arranca o 13 de marzo

O Alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou esta mañá en rolda de prensa a tempada de primavera 2022 do Programa de Educación Medioambiental "Camiño a Camiño". Como nestes últimos anos, están previstos percorridos medioambientais, actividade nas hortas urbanas e diversas actividades de voluntariado. Puxo de relieve a continuidade do programa e a volta á normalidade que paulatinamente se vai lograr no mesmo.


Na programación que se achega atópase un resumo das actividades previstas. 


Premer AQUI para descargar programación detallada.

Percorridos medioambientais

A primeira ruta terá lugar o vindeiro domingo 13 de marzo. Trátase do clásico percorrido pola senda azul que percorre o tramo baixo do río Lagares e chega ata Canido despois de visitar a Xunqueira do Lagares e a zona húmida do Vao. En total 11,6km de dificultade baixa. 

Proseguiran un percorrido pola costa entre Cabo Estai e Bouzas (20 marzo) e outro pola Senda litoral e do Monte da Guía (27 de marzo). Xa en abril farase o Camiño histórico Tui-Vigo (3, 10 e 24 de abril) e rematarase a programación co Camiño do románico en Vigo entre Bembrive e Coruxo (8 de maio)Máis detalles no apartado Rutas do blog Camiño a Camiño (premer AQUI)

Nesta edición habilitáronse 150 prazas por ruta, sendo gratuítas as catro que circulan por Vigo e cun custe de 4 euros para as do Camiño histórico Tui-Vigo.

Todos os luns previos á ruta subirase ao blog a información específica da mesma. Nela indicaranse as características técnicas (lonxitude, desnivel, etc) e unha valoración do grao de dificultade pensando no público habitual de Camiño a Camiño.

Para inscribirse nas rutas cómpre chamar na mesma semana ao 010 (986 81 02 60). Para persoas empadroadas, dende o luns ata o mércores, en horario de 8:00 a 20:00. Queda o xoves para o caso de non estar empadroado. Máis información de inscrición AQUI.



Hortas urbanas

Dende o 15 de marzo iniciarase a actividade habitual das hortas urbanas, en horario de 10 a 13, polas mañás, e de 16 a 19, polas tardes, segundo a horta en cuestión. As persoas usuarias do ano anterior poden incorporarse directamente.

Para poder participar por primeira vez é preciso realizar o curso básico de hortas urbanas previsto para o martes 15 de marzo (horta de Navia), 16 de marzo (horta de Fontáns) e 17 de marzo (horta de Pedro Alvarado) (nota: no folleto hai unha errata neste último caso e indica 16 de marzo)

Para preinscribirse nos cursos das hortas pódese chamar ao 010 (986 81 02 60) na semana da actividade ou enviando un correo a info@caminoacaminovigo.org. Pecharase a inscrición telefónicamente.

Máis información de hortas urbanas AQUI.



Voluntariado medioambiental

Tamén seguen as actividades de voluntariado medioambiental no Monte da Guía, nos sendeiros locais ou na caneira municipal. 

Para poder participar é preciso realizar o curso de iniciación ao voluntariado medioambiental previsto en Vigozoo para o xoves 17 de marzo, de 16:30 a 19:00h, e o sábado 19 de marzo, de 10:00 a 12:30h .

Para preinscribirse nos cursos das voluntariado pódese chamar ao 010 (986 81 02 60) na semana da actividade.

Máis información de voluntariado AQUI.
Nombre

Avisos,2,Fotos,83,Novas,199,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: O Alcalde de Vigo presenta a edición de primavera de Camiño a Camiño de Primavera, que arranca o 13 de marzo
O Alcalde de Vigo presenta a edición de primavera de Camiño a Camiño de Primavera, que arranca o 13 de marzo
Programación de primavera 2022 en Camiño a Camiño, programa de educación ambiental do Concello de Vigo.
https://blogger.googleusercontent.com/img/a/AVvXsEivwqvXT4uZCBRpNMJ3GQA1h1HsmwQLeFhMoZ3Gx1-uHZgYWx-uxB8KCJ3qaru9tQYZArvm9CA0vwPr2ooTh2bXCVotESjnI0O2GiMjdSQpBaWMU-5xKpDga4vzNpkML5_4_MDfUDm9yUDzXQAq_6zGUcGMfhjMzK5zZ0X7no7-ARVIOZKzcp9KWxaOjg=w400-h269
https://blogger.googleusercontent.com/img/a/AVvXsEivwqvXT4uZCBRpNMJ3GQA1h1HsmwQLeFhMoZ3Gx1-uHZgYWx-uxB8KCJ3qaru9tQYZArvm9CA0vwPr2ooTh2bXCVotESjnI0O2GiMjdSQpBaWMU-5xKpDga4vzNpkML5_4_MDfUDm9yUDzXQAq_6zGUcGMfhjMzK5zZ0X7no7-ARVIOZKzcp9KWxaOjg=s72-w400-c-h269
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2022/03/programacion-camino-a-camino-primavera-2022.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2022/03/programacion-camino-a-camino-primavera-2022.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar