Camiño a Camiño Primavera22 - Camiño Tui-Vigo Etapa I Tui-Couso

Co arranque do mes de abril, a programación de Camiño a Camiño, promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo, vai realizar o camiño histórico entre Tui e Vigo, pasando por algúns espazos de grande interese medioambiental e rememorando a circulación polos camiños tradicionais. 

Tratábanse dos camiños reais ou de carreteiros, moitos deles realizados sobre calzadas romanas, e dende o s.XVIII mantidos pola coroa para "facer camiños rectos e sólidos en España, que faciliten o comercio". Soían ser máis anchos co resto dos camiños permitindo a circulación de carruaxes. 

Para realizar o camiño Tui-Vigo había dúas opcións: a que se dirixía cara Gondomar e logo proseguía á Ramallosa, e a que se encamiñaba cara Porriño por Herbille. Imos escoller a primeira das opcións cunha necesaria adaptación en tres etapas: a primeira dende as aforas de Tui ata o Miradoiro de San Antoniño (Couso-Gondomar), que circula en parte polo sendeiro do río Tripes -pertence ao entorno do Parque Natural do Monte Aloia-; a segunda dende Gondomar ata o Polígono da Pasaxe en Vincios; e a terceira, dende A Pasaxe ata San Andrés de Comesaña, pasando por Chandebrito.

Visión panorámica das tres epatas entre Tui e Vigo

INSCRICIÓN (150 prazas por ruta)

- Dende luns 29 de marzo, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de martes a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.

- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org  para así convocar á lista de agarda.


CAMIÑO HISTÓRICO TUI-VIGO. ETAPA I: TUI-COUSO* 

✔ Domingo 3 de abril

🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (Achega 4 euros/2 euros menores  AQUI -Sede electrónica ou en Concellería de Medio Ambiente 2º andar-; máis info na GUÍA)

👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora finalización 15:00 (aprox)

🏃 Percorrido*: 13,8 km; pendente media 8,2%; pendente máxima 33,9%; desnivel 743m/-427m; dificultade alta

*Realizarase unha variante máis curta para quen o estime necesario, de xeito que sobre os 8km nos sairemos da ruta para que nos recollan os autobuses (no trazado ver liña vermella)


Nombre

Avisos,3,Fotos,84,Novas,200,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Camiño a Camiño Primavera22 - Camiño Tui-Vigo Etapa I Tui-Couso
Camiño a Camiño Primavera22 - Camiño Tui-Vigo Etapa I Tui-Couso
Percorrido Tui-Vigo Etapa 1 Tui-Couso. 3 abril 2022. Concellería de Medio Ambiente de Vigo
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgBw6rpy23Z2TtY7nyOhStVyUNXA48p9Ixkx-pkOttlmYq9xwSpL2Ih0Ykdcxcavl_hVtPZAWn6_U5x1fGhY2v0pW0NQ64v-fbm19M_hn5Ga9g6VrdoIoBRm_3Xf7z60ULXHes804HLah19SRoba57jargaNfxPn2Q4oeEoY8lCboXJz95yiOfwnX6JYg/w640-h348/Tui-Vigo%20en%203%20etapas.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgBw6rpy23Z2TtY7nyOhStVyUNXA48p9Ixkx-pkOttlmYq9xwSpL2Ih0Ykdcxcavl_hVtPZAWn6_U5x1fGhY2v0pW0NQ64v-fbm19M_hn5Ga9g6VrdoIoBRm_3Xf7z60ULXHes804HLah19SRoba57jargaNfxPn2Q4oeEoY8lCboXJz95yiOfwnX6JYg/s72-w640-c-h348/Tui-Vigo%20en%203%20etapas.jpg
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2022/03/ruta-tui-vigo-etapa-1.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2022/03/ruta-tui-vigo-etapa-1.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar