O último dos percorridos de primavera de Camiño a Camiño, da Concellería de Medio Ambiente de Vigo, circulou polos espazos naturais que conectan as tres igrexas románicas de Vigo: Santiago de Bembrive, Santa María de Castrelos e San Salvador de Coruxo. Nestes espazos tivemos ocasión de comprobar como se atopan as concas dos ríos Eifonso e Barxa, afluentes do río Lagares, polo que tamén camiñamos.
Arrancou a xornada en Bembrive, onde estiveron presentes a Concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, e o Alcalde Pedáneo de Bembrive, Marcos Castro. Como anfitrión contou a historia da parroquia e a importancia da igrexa romántica como lugar de acollida de peregrinos dende o século XII.
Ao longo do percorrido poidemos gozar dun dos espazos máis fermoso e mellor coidado de todo o concello: o Gorgoso, na parte baixa do tramo orixinal do río Barxa, antes de confluír co Lagares.
O recopilatorio fotográfico da xornada foi extenso (VER AQUI), recollendo de seguido algunhas das máis destacadas do traxecto :