Ría de Vigo 1: Vía Verde - Chapela - Rande (12/3/23)

 Arrancamos Camiño a Camiño de Primavera 2023 coa primeira etapa da Ría de Vigo, entre a Vía Verde e Rande, pasando pola costa en Chapela. 

O ciclo de percorridos, organizado pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo, pretende dar a coñecer os valores naturais e patrimoniais do entorno no que habitamos, tentándonos achegar ao complexo sistema que se configura a carón da ría, cunha particular xeoloxía, bioloxía, historia e socioeconomía.

Nesta etapa, ao arrancar pola Vía Verde, poidemos comprobar como esta infraestructura recuperada para a cidadanía tivo unha historia moi longa dende o século XIX e estivo asociada ao desenvolvemento da cidade e ao asentamento de poboación acelerado neste período, chegando a ser a cidade máis grande de Galicia. A todo ilo contribuiu o dinamismo que a Ría de Vigo proporcionou tanto ao asentarse industrias pesqueiras e de conservas, como pola exportación de diversas materias primas, entre elas o ferro e o wolframio que se dirixían aos cargadoiros de Rande pola vía do tren.

Pero a Vía Verde é moito máis: é a historia dun crecemento desordenado onde houbo que dar cubillo a moita poboación inmigrante do interior de Galicia para atender as necesidades das industrias, é a necesidade de crear vias de comunicación co resto de Galicia e coa Meseta para darlle saída á explosión económica vivida, e, tamén, é a historia de como a cidade se expandeu polas parroquias de Casablanca e de Teis a través dun conglomerado rururbano particular.

No tramo realizado pola costa de Chapela e ata Rande comprobouse como a industria pesqueira e os asteleiros teñen un papel relevante e como as bateas están onmirpresentes. Iso sí, en boa medida, a costa de sacrificar o litoral. 

Tamén se poido entender como Rande é un lugar singular dentro da ría. Pola Batalla de Rande en 1702 -co seu castelo no estreito de Rande-. Pola Ponte de Rande inaugurada en 1981, que cambiou a dinámica social, contribuíndo á consolidación dunha área metropolitana. E polos xa citados cargadoiros de mineral próximos á via de tren para poder traelo dende Ponferrada ou dende Monforte. Todo isto perfectamente documentado no museo de Meirande, que o Concello de Redondela mantén aberto, e ao que lle agradecemos a atención ofrecida aos participantes de Camiño a Camiño. 

De seguido reproducimos algunhas das fotos do álbum que se pode ollar completo AQUI:




Nombre

Avisos,3,Fotos,84,Novas,200,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Ría de Vigo 1: Vía Verde - Chapela - Rande (12/3/23)
Ría de Vigo 1: Vía Verde - Chapela - Rande (12/3/23)
Ría de Vigo 1. Via Verde, Chapela e Rande. Camiño a Camiño, programa de educación medioambiental da Concellería de Medio Ambiente de Vigo
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhA9UpUHomMzSiDAx09lak8X35PG0PQBjRRkDFFjJpKvoLLOqhDZhuPKxOoqHO6unZoPVyucFlP9p-wA7G7ENrpDLp4EHKly6yWoF2LBxSSGtHwfhkDdJ7yju0m42yyPj5CEK9XvtTBLR9sXw5_g6hQBDiuu8DqVOD_aj7LfBUh6rHVgE4Z_gWzEygcmg/w640-h426/2023-03-%20RV1%20Via%20Verde-Rande_2.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhA9UpUHomMzSiDAx09lak8X35PG0PQBjRRkDFFjJpKvoLLOqhDZhuPKxOoqHO6unZoPVyucFlP9p-wA7G7ENrpDLp4EHKly6yWoF2LBxSSGtHwfhkDdJ7yju0m42yyPj5CEK9XvtTBLR9sXw5_g6hQBDiuu8DqVOD_aj7LfBUh6rHVgE4Z_gWzEygcmg/s72-w640-c-h426/2023-03-%20RV1%20Via%20Verde-Rande_2.jpg
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2023/03/ria-de-vigo-01-via-verde-chapela-rande.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2023/03/ria-de-vigo-01-via-verde-chapela-rande.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar