Segunda etapa do Camiño a Camiño de Primavera'24 da Concellería de Medio Ambiente de Vigo, con travesía entre Os Valos e Amoedo, combinando distintos trazados.
O día foi de auténtica primavera e poidose gozar da paulatina aproximación cara entornos naturais máis conservados, anque moi condicionados polos lumes de 2017. Particularmente poidemos deternos na Comunidade de Montes de Amoedo, onde o seu Presidente nos comentou como foi o proceso de rexeneración dun espazo totalmente calcinado e que permitiu replantexar a súa estratexia e facer unha combinación de aposta por plantación de árbores autóctonos con outras de ciclo curto como o pistacho. Isto, combinado por unha aposta de posta en valor do importante patrimonio etnoarqueolóxico, valeulle un premio da Fundación Repsol, que lle está posibilitando abordar as distintas actuacións.
| Vistas da Ría de Vigo dende a Comunidade de Montes de Amoedo |
Durante o percorrido xa se poido ver de preto a vella e a nova canalización de auga dende o Encoro de Eiras, así como a técnica de sifón que posibilitou salvar o val. Outras curiosidades poideronse coñecer ao longo do percorrido, no que se lembrou que o pasado venres 22 foi o Día Mundial da Auga.
Ver ALBUM FOTOGRÁFICO.