Nesta edición de Camiño a Camiño de Outono 2024 a Concellería de Medio Ambiente incorpora unha nova serie de Actividades familiares de Vida Saudable nos Sendeiros Locais de Vigo. O obxectivo é que familias con menores se acheguen aos montes de Vigo e combinen actividade física con coñecemento do medio natural.
Están previstos 3 paseos:
- sábado 5 outubro, tarde en Sendeiro Local de Zamáns. Ver detalle abaixo.
- sábado 12 outubro, mañá en Sendeiro Local de Beade. Máis detalle a partir do 7 de outubro
- sábado 19 outubro, tarde en Sendeiro Local de Candeán. Máis detalle a partir do 14 de outubro
Participantes na Andaina polos montes de Vigo de 2024 |
PASEO A CARÓN DO SENDEIRO LOCAL DE ZÁMÁNS (sábado 5 outubro, tarde)
A primeira das actividades realizarase no Sendeiro Local de Zamáns o vindeiro sábado 5 de outubro, as 16:30. O punto de encontro é o Parque Forestal de Zamáns (ver GOOGLE MAPS).
Proceso de inscrición para unidades familiares con menores de idade:
👀 Dende luns 30 de setembro, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
👉 No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org para así convocar á lista de agarda. Lembrar que hai que facelo antes do venres as 13:00 para que haxa tempo de activar a inscrición do novo participante.
Percorrido:
O percorrido previsto adaptarase aos participantes e consistirá en achegarse á Fervenza da Freixa e a antiga Canteira de Villaverde. Logo, poderase seguir polo sendeiro local ata o Encoro de Zamáns (7,6km, dificultade media-baixa) ou volver ao punto de orixe (5,5km).