A cuarta das rutas da tempada de Outono'25 de Camiño a Camiño promovida pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo desenvolveuse a carón do Río Barxa, afluente do Río Lagares, e un gran descoñecido que desemboca en Sárdoma procedente dos montes de Beade e Valladares.
![]() |
| Participantes pola beira do Río Barxa |
Un día de luz maravillosa permitiu gozar do discreto Rio Barxa que garda sorpresas chamativas como entornos de bosque de ribeira, pozas, pequenas fervenzas e mesmo un muíño moi particular. Tamén permite circular por lugares entre Sárdoma, Castrelos e Beade descoñecidos para a maioría dos asistentes e con vistas como a seguinte
Ver ALBUM FOTOGRÁFICO e de seguido algunhas das instantáneas máis representativas:






