IX ANDAINA POLOS MONTES DE VIGO
11 maio 2025 | Parque Forestal do Vixiador
O Concello de Vigo, a través da Concellería de Medio Ambiente, bota a andar a X Andaina polos dos montes de Vigo, en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo e co patrocinio de Vegalsa-Eroski. Terá lugar o domingo 11 de maio, pola mañá, sendo a base de operacións o Parque Forestal do Vixiador (localización Google Maps)
Inscrición no 010 (986810260 dende móbil): dende o mércores 30 de abril ata o venres 9 de maio, as 13 horas. Tal e como se indica máis abaixo, será necesario apuntarse nunha das andainas previstas e que están adaptadas as características dos distintos públicos. Ademáis, haberá exposicións e actividades infantis. Está previsto que participe en torno a un milleiro de vigueses e viguesas.
O obxectivo que se persigue con este evento é dar a coñecer os recursos dispoñibles nos montes periurbanos de Vigo: parques forestais e sendeiros locais, onde nos podemos achegar ao patrimonio natural, así como algúns dos miradoiros e espazos etnoarqueolóxicos máis destacados da cidade.
Nesta edición daranse a coñecer os servizos ecosistémicos que aportan os montes á sociedade nun espazo emblemático como o Parque Forestal do Vixiador, na Comunidade de Montes de Candeán. Particularmente falarase dos servizos recreativo-culturais, dos que O Vixiador é unha boa mostra, así como dos servizos de regulación hídrica e de regulación de CO2 ou do efecto illa ante a onda de calor dos períodos de altas temperaturas cada vez máis frecuentes.
As andainas previstas circularán polos sendeiros locais de Candeán e de Cabral, pasando tamén polos parques forestais de Bandeira e de Cotogrande ou por lugares de interese arqueolóxicos como a Mámoa do Vixiador ou a Necrópole da Chan dos Touciños (a carón do Cemiterio de Candeán). A súa vez permitirán comprobar unha variedade de plantacións forestais, coas curiosidades das sequoias e das oliveiras plantadas en Candeán, así como o problema das especies exóticas invasoras.
A programación vai dirixida á poboación en xeral, cun apartado específico para público infantil. A modo de resume recóllese no cartaz do evento (AQUI) e nos seguintes apartados.
Están previstas tres andainas con distinto grado de dificultade, para coñecer a realidade dos montes de Candeán e Cabral. Tomarase como punto de partida o Parque Forestal do Vixiador.
1. ANDAINA LONGA (20,4 km) | 8:00 Convocatoria en Parque Forestal do Vixiador – 8:30 Traslado a Inicio de ruta no Gorxal – Área Recreativa do Cotiño - Tránsito polos Sendeiros locais de Cabral e de Candeán – PF do Vixiador | dificultade media
2. ANDAINA MEDIA (11,8 km) | 9:00 Convocatoria en Parque Forestal do Vixiador – 9:30 Traslado a Inicio de ruta na Área Recreativa do Cotiño – Tránsito polos Sendeiros locais de Cabral e de Candeán – PF do Vixiador | dificultade media
3. ANDAINA CURTA (6,2 km) | 11:00 Convocatoria en Parque Forestal do Vixiador – 11:30 Tránsito por Sendeiro local de Candeán - PF do Vixiador | dificultade media-baixa
Ao rematar as andainas entregarase un kit de peche (empanada, froita, bebida). Quen o estime oportuno poderá levar a comida e quedarse o resto do día a gozar do Parque forestal.
Neste caso participarán as familias ao completo, adaptando as actividades ás idades dos menores.
4. Peque-ruta "O monte de Vigo na primavera": 2km aproximados
5. Xogos populares - Tiro con arco - Rastrexo.
Ao rematar as andainas nas que participen as familias, está prevista unha serie de actividades dirixidas aos máis cativos e cativas, como xogos populares, tiro con arco, rastrexo, etc. Actividades abertas para menores inscritos ata 12 anos.
Destinatarios: Familias con fillos menores ata 6 anos
Horario: Acollida en Parque Forestal do Vixiador (11:00) - Inicio Andaina (11:30)
Percorrido: entorno do Parque Forestal do Vixiador
Observacións: Conoceremos singularidades dos montes de Vigo en primavera.
Ao rematar as andainas nas que participen as familias, está prevista unha serie de actividades dirixidas aos máis cativos e cativas, como xogos populares, tiro con arco, rastrexo, etc. Actividades abertas para menores inscritos ata 12 anos.
Ao rematar as andainas entregarase un kit de peche (empanada, froita, bebida). Quen o estime oportuno poderá levar a comida e quedarse o resto do día a gozar do Parque forestal.
C) INSCRICIÓN E FUNCIONAMENTO DO EVENTO
Inscrición: Aqueles/as interesados en participar no X Andaina polos montes de Vigo pódense inscribir ata o 9 de maio as 13 horas no 010 (986 81 02 60 dende móbil).
No caso de que o día 11 de maio haxa prazas dispoñibles, poderase facer inscrición no Parque Forestal do Vixiador ata media hora antes do inicio da actividade.
Lugar de encontro: Parque forestal do Vixiador (localización Google Maps)
Recollida de tarxeta de participación: previo ao inicio das actividades, as persoas inscritas recollerana na carpa de organización. A participación é gratuíta. No caso da Andaina Longa e Media dará dereito ao acceso ao autobús lanzadeira ata o inicio de actividade. No resto de actividades será solicitada ao principio das mesmas.
Agasallo a participantes: kit de abastecemento e promocional cortesía de Vegalsa-Eroski, xunto con entrega de camiseta recordatoria. Entregaranse no momento de solicitude da tarxeta de participación.
Inicio de actividade: segundo horario previsto na programación que se atopa na web caminoacaminovigo.org, sendo preciso estar rexistrado media hora antes.
Recomendacións: Roupa cómoda e calzado axeitado para monte, hidratación constante, respecto ás indicacións da organización, coidado do entorno empregando os contenedores habilitados e respectando a flora e fauna que se atope.
Regulamento: A inscrición nas andainas leva asociado a aceptación do regulamento da andaina (ver abaixo) e desprazarse ata o Parque Forestal do Vixiador, tendo que realizarse o correspondente rexistro. O non cumprimento do regulamento pode supor a suspensión da participación.
Cada participante configurará o percorrido que máis lle interese segundo a planificación das andainas, asumindo que o percorrido estará marcado previamente e se realizará de xeito autónomo.
No punto de saída iniciaranse as andainas co acompañamento de persoal de organización que encabezarán os grupos e que se verán reforzados en diversos puntos críticos ou travesías por voluntarios/as das distintas comunidades de montes polas que se transitan.
Máis información: info@caminoacaminovigo.org | whatsapp 662 23 10 23 | caminoacaminovigo.org