A programación de Participación Ambiental de Primavera 2026 promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo prosigue a semana do 13 con actividades nas hortas urbanas, con voluntariado medioambiental e con percorridos polo sur de Pontevedra. Toda a programación AQUÍ.
Destacar que o percorrido medioambiental desta semana achegarase a dous miradoiros emblemáticos: o Alto de San Cibrán (entre Ponteareas e Salceda de Caselas) e o Faro Budiño (en Porriño).
![]() |
| Bolo partido no percorrido |
RUTA 3 – MIRADOIROS DE PONTEAREAS-PORRIÑO-SALCEDA (26/4/26)
Os percorridos ambientais da primavera de 2026 prosiguen cos miradoiros naturais do sur de Pontevedra, nesta etapa achegándonos ao Alto de San Cibrán, onde atoparemos o miradoiro cara o xeodestino de Condado-Paradanta e diversos atractivos turístico e históricos. Logo dirixirémonos a Faro Budiño, un lugar de interese xeolóxico que sempre sorprende cos múltiples bolos e pías sobre o granito. Para rematar pasaremos pola Comunidade de Montes de San Xurxo de Salceda e comprobaremos como atacan a invasión de acacia despois de múltiples incendios nestes últimos anos
Cómpre advertir que haberá único percorrido de 11 km. IMPORTANTE LEVAR BASTÓNS dada a importante desnivel do percorrido.
Inscrición gratuíta
- Dende luns 20 de abril, no 010. Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
- Criterio de participación: unha mesma persoa non poderá asistir a dúas actividades consecutivas, agás que, atopándose en lista de agarda, quedasen prazas dispoñibles o mércores a partir das 15 horas. Nese caso seralle comunicado na tarde do propio mércores previo á actividade. Tamén se establece en tres o número de persoas que se poden inscribir en cada chamada ao 010, agás unidades familiares con máis dun fillo.
- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org para así convocar á lista de agarda. Lembrar que hai que facelo antes do venres as 13:00 para que haxa tempo de activar a inscrición do novo participante.
Datos do percorrido
✔ Domingo 26 de abril
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)
👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora de finalización 14:00 (aprox)
🏃 Percorrido longo: 11 km | Dificultade media-alta (atendendo ao público de Camiño a Camiño)
👉 Recomendación: levar bastóns, botas que soporten auga e capa (no caso de previsión de choiva), así como auga para hidratarse en ruta.
🗾 Trazado e alzado percorrido:
