A segunda etapa de percorridos medioambientais da tempada de primavera'26 de Camiño a Camiño promovida pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo tivo lugar nos montes de Redondela, particularmente no tránsito entre o Parque Forestal do Vixiador (Vigo) e os montes de Cabeiro e San Estevo de Negro, para rematar na Senda da Auga. Por motivos organizativos non se poido acceder aos montes de Trasmañó, sendo preciso reorganizar os trazados previstos inicialmente.
![]() |
| Interpretación na Mámoa do Rei |
Nun día de moita luz e de temperatura moi agradable poidemos comprobar como o Monte Penide acolle unha das concentracións de patrimonio prehistórico máis importante de Galicia, o que pon en evidencia como era un territorio moi idóneo para asentamentos humanos. A Mámoa do Rei e o Castro de Negros son unha mostra dilo. Tamén son chamativas as lendas asociados a estes lugares.
Máis información dos contidas da ruta AQUI.
![]() |
| Serra do Galleiro dende a Senda da Auga |
Tamén houbo ocasión de gozar das vistas á Serra do Galleiro, ao Val de Redondela, á Ensenada de San Simón e ao entorno que discorre pola Depresión Meridiana. Poidemos coñecer o motivo polo que Redondela non poido ter un gran porto, que básicamente consiste no pouco calado que teñen as augas da Ría de Vigo na Ensenada de San Simón.
![]() |
| Ría de Vigo á altura de Redondela |
![]() |
| Gran grupo no Parque Forestal de Vixiador |
![]() |
| Interpretación no Castro de Negros |
![]() |
| En primeiro plano, Gerardo con 92 anos en ruta |
![]() |
| Participantes en ruta |
![]() |
| A poesía da Senda da Auga |








