A programación de Participación Ambiental de Primavera 2026 promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo prosigue a semana do 4 de maio con actividades nas hortas urbanas, con voluntariado medioambiental e con percorridos polo sur de Pontevedra. Toda a programación AQUÍ.
Destacar que o percorrido medioambiental desta semana achegarase á Serra da Groba, arrancando no Miradoiro do Alto da Groba (Belesar-Baiona) para rematar no Miradoiro do Alto do Corroubelo (Burgueira-Oia). Todo un exemplo de patrimonio natural con singularidades destacadas tanto en fauna como en flora.
![]() |
| Vista panorámica dende o Alto da Groba |
RUTA 5 – MIRADOIROS DE BAIONA-OIA (10/5/26)
Os percorridos ambientais da primavera de 2026 prosiguen cos miradoiros naturais do sur de Pontevedra, nesta etapa achegándonos á Serra da Groba e as impresionantes vistas tanto ao Val Miñor como á costa atlántica.
Cómpre advertir que haberá un único percorrido de 11 km, cuxo primeiro tramo desenvólvese por monte a través coa conseguinte dificultade de circulación asociada con firme irregular.
IMPORTANTE LEVAR BASTÓNS dada a irregularidade do terro.
IMPORTANTE PROTEXERSE CONTRA CARRACHAS dado que imos transitar por zonas con presenza habitual de gando. Recomendable levar roupa de manga longa e pantalón longo e metido dentro dos calcetíns.
Inscrición gratuíta
- Dende luns 4 de maio, no 010. Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
- Criterio de participación: unha mesma persoa non poderá asistir a dúas actividades consecutivas, agás que, atopándose en lista de agarda, quedasen prazas dispoñibles o mércores a partir das 15 horas (por ser o venres festivo). Nese caso seralle comunicado na tarde do propio mércores previo á actividade. Tamén se establece en tres o número de persoas que se poden inscribir en cada chamada ao 010, agás unidades familiares con máis dun fillo.
- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org para así convocar á lista de agarda. Lembrar que hai que facelo antes do xoves as 13:00 para que haxa tempo de activar a inscrición do novo participante.
Datos do percorrido
✔ Domingo 10 de maio
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)
👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora de finalización 15:00 (aprox)
🏃 Percorrido longo: 11 km | Dificultade media-alta (atendendo ao público de Camiño a Camiño)
👉 Recomendación: levar bastóns, botas que soporten auga e capa (no caso de previsión de choiva), así como auga para hidratarse en ruta.
🗾 Trazado e alzado percorrido:



