A sexta etapa de percorridos medioambientais da tempada de primavera'26 de Camiño a Camiño promovida pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo tivo lugar entre A Cañiza e Arbo, na Serra do Paradanta.
![]() |
| Tránsito pola Serra do Paradanta |
A xornada combinou travesía pola Serra do Paradanta con interpretacións e ao final do día inmersión na cultura popular. Poidose comprobar como é o tránsito entre un ambiente atlántico e un ambiente continental e a influencia en tal proceso do "Efecto Foehn".
Dende os miradoiros poidérose ver as serras de Portugal, do sur de Pontevedra e do interior de Pontevedra e Ourense. Toda unha gozada visual que mesmo alcanzaba á Curota en Ribeira.

Na travesía combinouse a tradición no Coto da Vella, coa imaxe da Franqueira e as historias precristianas, e modernidade, coas torres de comunicación e cos distintos parques eólicos que predominaban no horizonte que mesmo alcanzaba a Vigo. Tamén estiveron presentes a fauna silvestre (cabalos e vacas) así como o matogueiro propio dun lugar de preto de 1000 m de altura.
![]() |
| Vigo e Cíes a o fondo |
Outro aspecto destacado do percorrido foron os neveiros da Paradanta e as vísperas das "Pascuillas" que se celebraban no pobo da Franqueira.
![]() |
| Imaxe da Cova da Vella coa representación da Virxe da Franqueira |
Máis información dos contidos da ruta AQUI.
Ver ALBUM FOTOGRÁFICO e de seguido algunhas das instantáneas máis representativas:







