A quinta etapa de percorridos medioambientais da tempada de outono'26 de Camiño a Camiño promovida pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo tivo lugar por Redondela e Soutomaior, visitando a Ermida da Peneda e a confluencia entre o río Verdugo e a Ensenada de San Simón.
 |
| Participantes no percorrido diante da Sobreira centenaria na Ermida da Peneda |
O percorrido tivo lugar nun día amenazante de choiva e que finalmente deu como resultado unha envolvente néboa que introducía unha sensación misteriosa ao longo da primeira parte do percorrido cuns chamativos coloridos na vexetación e curiosas panorámicas dende os miradoiros.
 |
Vigo visto dende A Peneda durante o domingo do percorrido
|
 |
| Vigo visto dende a Peneda durante a preparación do luns previo |
Sen dúbida un dos protagonistas non previsto foron os guacamaios, que na sesión de entreno que estaban facendo na Peneda, deron un verdadeiro recital co seus chamativos cores.
E outro protagonista foi o río Verdugo na súa desembocadura, que neste caso estaba sendo inundado pola marea que estaba subindo.
 |
| Río Verdugo sendo inundado pola marea en subida |
Máis información dos contidos da ruta
AQUI.
 |
| Ascenso á Peneda |
 |
| Sobreira senlleira de máis de 400 anos |
 |
| Interpretación sobre a climatoloxía actual |
 |
| Perspectiva do interior da ría de Vigo |