A programación de Percorridos Medioambientais de Outono 2026 promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo remata o 1 de novembrobro coa Ruta polos miradoiros da Serra do Galiñeiro, pasando polo Alto de Penidos, polo miradoiro do Monte Arruido e polo miradoiro de Herville. As inscricións principian o luns 26 de outubro no 010
![]() |
| A "vella durminte" na Serra do Galiñeiro |
MIRADOIROS DO GALIÑEIRO (1/11/26)
Os percorridos ambientais da outono de 2026 pechan tempada co tránsito polos miradoiros a carón da Serra do Galiñeiro, entre Herville e Prado. A intención é contemplar a riqueza natural e paisaxística da área metropolitana de Vigo.
Na sexta etapa, o domingo 1 de novembro, realizarase dende as proximidade do miradoiro do Alto de Penidos, do miradoiro do Monte Arruido e do miradoiro de Herville.
Cómpre sinalar que o percorrido de preto de 10,4 km presenta unha dificultade media-alta, habilitando en todo caso unha variante aos participantes que queiran evitar a ascencisón máis esixente.
Inscrición gratuíta
- Dende luns 26 de outubro, no 010. Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
- Criterio de participación: unha mesma persoa non poderá asistir a dúas actividades consecutivas, agás que, atopándose en lista de agarda, quedasen prazas dispoñibles o mércores a partir das 15 horas. Nese caso seralle comunicado na tarde do propio mércores previo á actividade. Tamén se establece en tres o número de persoas que se poden inscribir en cada chamada ao 010, agás unidades familiares con máis dun fillo.
- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org para así convocar á lista de agarda. Lembrar que hai que facelo antes do venres as 13:00 para que haxa tempo de activar a inscrición do novo participante.
| Vistas de Vigo dende o Galiñeiro |
Datos do percorrido
✔ Domingo 1 de novembro
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)
👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora de finalización 15:00 (aprox)
🏃 Ruta: 10,4 km | Dificultade media-alta (atendendo ao público de Camiño a Camiño), con posibilidade de variante na ascensión ao Monte Arruido.
👉 Recomendación: levar bastóns, calzado de trecking, roupa de augas e auga para hidratarse en ruta.

