Coa ruta entre Ramallosa e o faro de Monteferro puxo fin á programación da tempada 2011-2012. Como queda recollido neste blog, foron moitos e diversos momentos por Vigo e bisbarra. En total 7.500 usuarios e máis de 1700 carnés, o que pon en evidencia unha ampla participación. Gracias a todos vós está sendo posible.
Pero isto non é unha despedida, simplemente é un "ata agora". Durante todo o verán veñen as accións de voluntariado en Cíes (este luns colgaremos a programación) e en outono retomarase o ritmo coa continuación da Senda das Greas e outras novidades (avisaremos oportunamente)