Voluntariado Camiño a Camiño: diplomas e actividade verán

Programación de Voluntariado medioambiental de Camiño a Camiño no Verán:

Sábado 16 de xuño, de 9:00 a 12:00: Voluntariado no Lagares. Debido a que a entrega de diplomas pasa para o 23 de xuño, mantense a actividade para aqueles que a veñen facendo habitualmente.



Xoves 21 de xuño, ás 10.00h: Descubrir Vigozoo por dentro. Deferencia da Concellería de Medio Ambiente a todos e todas as que participachedes na formación e no voluntariado neste trimestre. Por suposto, gratuíta e aberta a quen teña dispoñibilidade ese día

Sábado 23 de xuño, ás 12.30h, en Vigozoo: Entrega  do diploma acreditativo da formación e das horas de accións de voluntariado levadas a cabo durante o primeiro semestre do ano 2012. Atención, a data cambia sobre a previsión inicial que era para este sábado 16. Pregamos nos confirmedes a asistencia chamando ao 010.                                                                                                                            

Voluntariado en Cíes durante o verán: Debido ao gran número de solicitudes de información sobre esta actividade, e de cara a evitar que poidan quedar quendas sen ocupar completamente, habilítase un procedemento que consiste en:1. Cubrir unha solicitude de preinscrición. Entregarase o propio sábado 23 en Vigozoo e pode ser individual ou colectiv. Cómpre indicar a/as quenda/s (empregar o código previo á data; se se seleccionan varias indicar a orde de preferencia):
- Quendas de 5 días: a) 2-6.7; b) 7-11.7; c) 12-16.7; d) 17-21.7; e) 22-26.7; f) 27-31.7; g) 1-5.8; h) 6-10.8; i) 20-24.8; j) 25-29.8; k) 3-7.9; l) 10-14.9; m) 17-21.9; n) 24-28.9.
- Quendas de fin de semana en setembro (50 prazas): FS1: 1-2.9; FS2: 8-9.9; FS3: 15-16.9; FS4: 22-23.9 e FS4: 29-30.9


2. Concesión de quendas de 5 dias: entre as solicitudes individuais ou colectivas que escollan unha quenda, na última semana de xuño realizarase un sorteo ata cubrir 6 prazas, que se lle comunicará aos beneficiarios. Terase en conta as primeiras opcións de cada solicitude e, se non se cubre, pasaranse as seguintes opcións solicitadas ata completar.
Os/as seleccionados terán que pasar por Casa da Xuventude nun prazo dunha semana dende que se lle comunique (agás a primeira quenda que terá que ser antes do venres 29 de xuño) para cubrir a ficha de inscrición e depositar a fianza de 10 euros (devolverase no momento de embarcar para Cíes). No caso de que nese prazo non se faga a inscrición, pasarase ao seguinte no sorteo, que se lle comunicará oportunamente e daraselle un novo prazo para cumprimentar a inscrición; e así sucesivamente.


3. Concesión de fin de semanas de setembro: realizarase polo mesmo procedemento que nas quendas, tendo o criterio de que terán preferencia quen non tivera ido a facer voluntariado a Illas Cíes neste ano. Igualmente, unha vez concedido, cómpre facer a inscrición definitiva na Casa da Xuventude nunha semana a posterior da concesión.

4. En todo caso, a igualdade de circunstancias, terán preferencia aqueles voluntarios/as que teñan participado de xeito continuado nas accións do rio Lagares e de Alcabre.

5. Acompañantes menores. Poderan acompañar aos participantes menores baixo a responsabilidade destes e asumindo o custe de desprazamento. Lembrar que en xullo e agosto para menores de 3 anos é gratuíto e para rapaces de 3 a 12 anos o prezo é de 6 euros. En setembro os menores de 12 anos non teñen custe.

Coordinación do Voluntariado medioambiental de Camiño a Camiño.

Nombre

Avisos,2,Fotos,51,Novas,132,Programación,5,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2022: Voluntariado Camiño a Camiño: diplomas e actividade verán
Voluntariado Camiño a Camiño: diplomas e actividade verán
http://3.bp.blogspot.com/-oj03b1wF44g/T9n4ec5r_PI/AAAAAAAANtM/ZcRrql04oAY/s400/volunt-1.jpg
http://3.bp.blogspot.com/-oj03b1wF44g/T9n4ec5r_PI/AAAAAAAANtM/ZcRrql04oAY/s72-c/volunt-1.jpg
Camiño a Camiño Vigo 2022
https://www.caminoacaminovigo.org/2012/06/voluntariado-camino-camino-diplomas-e.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2012/06/voluntariado-camino-camino-diplomas-e.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar