Chegou principios de xullo e bota a andar o voluntariado de verán nas Illas Cíes, na súa segunda edición.
Esta iniciativa conxunta entre a Concellería de Medio Ambiente e o Parque Nacional das Illas Atlánticas pretende que voluntarias e voluntarios do Concello de Vigo poidan colaborar nas labores de conservación das Illas Cíes, ben erradicando prantas alóctonas invasoras, ben realizando labores de limpeza de areais.
Nesta edición todo o voluntariado participou en formación e mesmo noutras labores de voluntariado do programa Camiño a Camiño. Agora, organizado en quendas de 5 días ata fin de agosto e en quendas de fin de semana ou de semana en setembro, 375 voluntarios e voluntarias teñen opción a aportar o seu grao de area e a coñecer as illas "dende dentro". Boa xeira.

Unha parte dos participantes na 1ª quenda a Cies