Xa se poden ver os detalles da ruta entre Negros e Praza do Rei no dossier depositado en "documentos".
Destacar que con esta etapa pechamos 12 semanas percorrendo toda a área intermunicipal de Vigo, ou o que é o mesmo, case fixemos os 206 quilómetros do Sendeiro das Greas (GR-58).
Nesta ocasión, para que ruta curta e ruta longa conflúan ao rematar todos na Praza do Rei, imos a dividirnos en orixe, de xeito que:
- Ruta curta: escomeza en Vixiador, pasa por Vigozoo (con sorpresa) e remata en Praza do Rei.
- Ruta longa: escomenza en Negros, pasa por Vigozoo (con sorpresa) e remata en Praza do Rei.
Deste xeito, combinaremos tramos dunha zoa vistosa de Vigo con un bonito paseo polas rúas da nosa cidade. A ver se o tempo nos acompaña.