Rematamos o Sendeiro das Greas: foron 12 etapas e foron 12 experiencias inolvidables. Percorrimos preto de 200 quilómetros por toda a Área Intermunicipal de Vigo e poidemos disfroitar da orografía, da flora, da fauna, das vistas panorámicas, dos recantos, das corredoiras e, sobre todo, de bos momentos de conversa e de intercambio entre os participantes. En definitiva, "Camiño a Camiño" ao completo.
A etapa de hoxe, soleada e cunha luz expléndida, desenvolveuse fundamentalmente polo termo municipal de Vigo. A Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, participou na ruta longa e contou coa presenza do Alcalde, que nos agardou na chegada, onde poidemos facer a foto desta gran familia que é "Camiño a Camiño".

Foto de familia "Camiño a Camiño" |
Unha mostra do contraste de escenarios que se recollen no album de fotos desta etapa (pinchar aqui) vemolo de seguido. Poidemos comprobar que vivimos nuns dos lugares máis fermosos do mundo e que, a súa vez, somos unha gran cidade. Como ben dicía unha das participantes, agora quédannos as fotos e o safari fotográfico para facer memoria. Graciñas pola vosa participación.