Empezouse o día coa habitual pregunta dos galegos: subimos ou baixamos. Nesta ocasión estaba fundamentada pois tratábase de decidir se se facía o percorrido polo río Eifonso en dirección subida ou baixada. Máis ou menos acabouse repartindo 50%-50% e as apostas iniciais fallaron caseque todas.
En todo caso, sen dúbida tratábase dun día propicio para introducirse nun dos tributarios do Lagares máis destacados, tanto por caudal como por personalidade propia. Así se poido comprobar nos distintos recantos que se ían atopando a medida que se realizaba o percorrido. Nas fotografías (ver Fotos 2013 ou o albúm da marxe dereita) hai boas mostras do citado.
Outro aspecto que chamou a atención do percorrido foi ver como a primavera se manifesta por anticipado, moi a disgusto da xente do campo.
Todos aqueles participantes no percorrido que queirades enviar fotografías para o apartado "Safari fotográfico" podedes remitilas a info@caminoacaminovigo.org ou enviar enlaces abertos aos que se poida redireccionar.