Coa expresión "misión cumprida" retornaron os voluntarios/as que este xoves e venres participaron nas Illas Cíes na repoboación de árbores autóctonos (ver reportaxe fotográfica na solapa Fotos Voluntariado 2013). Preto de 200 prantas de cerquiño e de carballo foron introducidas co asesoramento e apoio do persoal do Parque das Illas Atlánticas.
Coincidiron dous días fenomenais climatolóxicamente falando e ata se poido traballar en mangas de camisa. O único problema, se así se pode dicir, foi toparse cunha colonia de mosquitos que fixo as delicias dalgunha voluntaria con "sangue dulce".
Os vindeiros sábado e domingo, 9 e 10 de marzo, a segunda quenda terá ocasión de continuar co traballo de repoboación e erradicación de prantas exóticas.