Previsión fin de semana 5 a 7 abril

Os raios de sol das previsións dan esperanza para as actividades programadas para a primeira fin de semana de abril, na que hortas-escola, voluntariado e percorridos medioambientais van a ter o protagonismo.

Previsión climatolóxica (meteogalicia)



Percorridos medioambientais
Este domingo inícianse os percorridos das concas fluviais asociadas á Serra do Galiñeiro, dándolle continuidade ao río Zamáns a través do río Miñor e o seu tan nomeado val Miñor (ver documento)



Hortas urbanas
Despois do parón de semana santa, retómase con forza o traballo nas distintas hortas. Este sábado pola mañá, por exemplo, en Fontán xa hai horteláns que van a poder recoller os seus primeiros froitos. Será un motivo de celebración ao que todos estades invitados.
En Pedro Alvarado seguen os traballos de construción de bancais cerámicos, tentando este sábado pola tarde darlle un avance importante. Os/as participantes están moi animados, pois hai que empezar cos cultivos de primavera.



Voluntariado urbano e en Cíes
As cancelacións das actividades de voluntariado de semana santa deixaron mal sabor de boca. Por tal motivo, a proposta dos propios voluntarios, imos redoblar os ánimos. Para ilo hai convocatoria extraordinaria este venres 5 de abril, a partir das 16:30, en Lagares. O obxectivo é avanzar no traballo realizado previamente aos festivos. Xa hai un quorum importante de confirmacións, e pódense animar aqueles voluntarios que o desexen. Como sempre, na esplanada enfrente ao CEIP de Balaidos.
O sábado iniciaranse os traballos na Praia Tombo do Gato



Por outra banda, dado que a previsión o posibilita, este sábado parte un grupo de 9 voluntarios/as para Cíes para retomar o traballo que se fixera a principios de marzo e que non se poido proseguir. Estarán o sábado e o domingo nas instalacións que pon a disposición o Parque das Illas Atlánticas. Na medida que a climatoloxía o permita, iranse convocando aos que tiñan praza para quendas anuladas durante todas as fins de semana de abril.



Nombre

Avisos,2,Fotos,83,Novas,199,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Previsión fin de semana 5 a 7 abril
Previsión fin de semana 5 a 7 abril
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhIUJTmHPrlUiJ4MQHOVV12POeYmql-oWProYVDpCJH7zAR1w2d9FAKL2oRH_-8PP2aZLJvAgZXDi5PDVLihB4I59ghhzlnJbHCQaahQPMXOtnD65dnsF4XC10QuCW4zswR1Hn4lXoFAQwp/s1600/Captura.JPG
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhIUJTmHPrlUiJ4MQHOVV12POeYmql-oWProYVDpCJH7zAR1w2d9FAKL2oRH_-8PP2aZLJvAgZXDi5PDVLihB4I59ghhzlnJbHCQaahQPMXOtnD65dnsF4XC10QuCW4zswR1Hn4lXoFAQwp/s72-c/Captura.JPG
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2013/04/prevision-fin-de-semana-5-7-abril.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2013/04/prevision-fin-de-semana-5-7-abril.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar