Principia a programación do 2º trimestre: río Miñor

O segundo trimestre principia cos percorridos medioambientais polas concas fluviais a carón da Serra do Galiñeiro. 
Neste domingo, 7 de abril, saímos do concello de Vigo seguindo o curso do río Zamáns.  Este río tras saír do encoro de Zamáns baixa polo concello de Gondomar, onde tributa no río Miñor. 
Este percorrido transcurre pola conca do Miñor, parte da cal pertence ó Concello de Vigo, seguindo o val Miñor.  Este val foi dende sempre unha vía de comunicación entre o noso Concello e os veciños de Gondomar, Nigrán e Baiona.






O río Miñor forma un val amplo e aberto, que se abre ó mar na Ría ou enseada de Baiona.  O val Miñor, de relevo suave, fértiles terras con abundancia de auga e benigno clima foi habitado dende antigo, como testemuñan numerosos asentamentos castrexos e fortificacións medievais, como as do Monte Castelo no Outeiro dos Mouros e a do Galiñeiro.
Hoxe en día é unha zona moi humanizada, densamente poboada, pero que mantén unha riqueza natural destacable.  Un dos principais valores son os ríos Zamáns e Miñor, que manteñen fermosos e ben conservados bosques de ribeira, así como importantes zonas húmidas a escala Rexional, como é a Foz da Ramallosa, que está catalogada como LIC (Lugar de Interés Comunitario) da rede de espazos naturais europeos Natura 2000.
Tamén as serras e montes que delimitan o val albergan un grande valor natural e paisaxístico, ademais de estar inzadas de restos arqueolóxicos como castros, mámoas e petroglifos. Destacan no Oeste e Norte os Montes Alba ou San Bartolomeu, Cepudo, Canaval, Monte Calvo ou o Monte Castelo.  Polo Este e o Sur temos os cumes da Serra do Galiñeiro, e os Altos de San Martiño ou do Cereixo
Teremos tamén unha vista distinta, á que non estamos afeitos, da serra do Galiñeiro, que compartimos con Gondomar.  Mesmo o Aloia e visible durante boa parte do percorrido.


Nombre

Avisos,2,Fotos,51,Novas,132,Programación,5,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2022: Principia a programación do 2º trimestre: río Miñor
Principia a programación do 2º trimestre: río Miñor
http://4.bp.blogspot.com/-tW3-6h8tKek/UVqHN-TD8jI/AAAAAAAAWCk/_51Mr7U-nao/s1600/Foto+Mi%C3%B1or+I.JPG
http://4.bp.blogspot.com/-tW3-6h8tKek/UVqHN-TD8jI/AAAAAAAAWCk/_51Mr7U-nao/s72-c/Foto+Mi%C3%B1or+I.JPG
Camiño a Camiño Vigo 2022
https://www.caminoacaminovigo.org/2013/04/principia-programacion-do-2-trimestre.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2013/04/principia-programacion-do-2-trimestre.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar