Este domingo está previsto facer un percorrido moi atractivo polos montes de Vigo. Teremos ocasión de comprobar como a primavera explota paulatinamente e semella que o tempo vai acompañar parcialmente.
Comezamos no Parque Forestal dos Pozos, para ir baixando
ata a parte baixa da parroquia de San Andrés de Comesaña. Gran parte dos terreos polos que pasaremos
pertencen a Comunidade de Montes de estas dúas parroquias. En Matamá coñeceremos a área recreativa do
Maruxento e en San Andrés de comesaña o Parque Forestal de Comesaña.
É unha zona cunha orografía moi accidentada, na que perviven
fermosas fragas, soutos e bosques de ribeira, aínda ben conservados. Todo este territorio é rico en ríos e
regatos, como o Rego de Presa, Regueiro das Cartas ou o de Freixó, que tributan
no Regueiro da Rega, o cal se une ó Lagares na zona de Muíños.
Nestas datas de comezos de primavera, poderemos ver a
floración de numerosas plantas e árbores, e como as fragas comezan a reverdecer
tras un longo inverno.