Programación Semana 24-30 marzo

Xa estamos introducidos en plena dinámica de Camiño a Camiño e pouco a pouco ímonos introducindo en novos retos. Esta semana principiamos a Ruta da Auga e as conferencias no Auditorio do Concello coa titulada "Cicloxénese explosiva ou temporais de toda a vida?" (mércores 26, 19:30)

Percorrido medioambiental: Ruta da Auga I (Encoro de Eiras-Pazos de Borbén) (30 marzo)
O vindeiro domingo faremos a primeira das tres etapas da ruta da auga, todo un clásico do Camiño a Camiño. Nesta edición faremos o percorrido en sentido inverso ao habitual,  seguindo a dirección das augas que abastecen a cidade de Vigo: principiando no encoro de Eiras, no Concello de Fornelos de Montes, e rematando en Pazos de Borbén, .
Veremos o encoro en toda a súa plenitude, o 100% da súa capacidade, debido as abundantes chuvias de este inverno.  O de Eiras é un encoro que recolle as augas de boa parte da Serra so Suído, o cal, a súa vez, é un dos lugares que recibe a maior cantidade de precipitacións da península ibérica.
É un percorrido polo val do río Oitavén e os montes cercanos, con unhas vistas espectaculares, na que pasaremos por lugares cun valor ecolóxico moi salientable.
Lembrar que nesta ocasión, ao saír do termo municipal de Vigo, os participantes asumen o custe do desprazamento (3 euros). Ademáis, debido a que hai que dispór do número exacto de participantes (e evitar desfases entre inscritos e participantes), actívase o sistema de pago previo na Casa da Xuventude, que garantizará a participación na actividade. 





Voluntariado medioambiental: actividades ordinarias
Para esta semana está previsto que se faga actividade ordinaria tanto no voluntariado de Lagares (mércores e sábado, as 10:00 na explanada do CEIP de Balaidos) como no voluntariado de Sendeiros (martes e xoves, de 16:30 a 19:00 en Parque Forestal Vixiador)
O voluntariado de hortas descansa dada a festividade da Reconquista de Vigo que se celebra o venres.

Conferencias e accións formativas
Como dicíamos, o mércores inícianse as Conferencias no Auditorio do Concello, coa titulada "Cicloxénese explosiva ou os temporais de toda a vida?" impartida por Carlos F. Balseiro (metereologo e bloguero de 4gotas.com). Será o mércores 26 as 19:30.

O xoves terá lugar o terceiro Curso básico de hortas urbanas, a partir das 16:30 en Vigozoo. A inscrición terá lugar ata o mércores pola tarde. Este curso habilita para participar no programa de hortas urbanas do Concello de Vigo.
Nombre

Avisos,2,Fotos,81,Novas,194,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Programación Semana 24-30 marzo
Programación Semana 24-30 marzo
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhFkDuzlc1CrIg6kQzEeTGK7dBtgqnY4ZDh7TD1dNkpVIS767hqKbY5gPyewAbvZRWSwjNkpdQI2Y-jUZcWhkWx4NOFYGPZLPTLtprbnCWKTF9IaSSnoNCqyD5JVjTcGvTwiG7i6bRytfoo/s1600/Captura1.JPG
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhFkDuzlc1CrIg6kQzEeTGK7dBtgqnY4ZDh7TD1dNkpVIS767hqKbY5gPyewAbvZRWSwjNkpdQI2Y-jUZcWhkWx4NOFYGPZLPTLtprbnCWKTF9IaSSnoNCqyD5JVjTcGvTwiG7i6bRytfoo/s72-c/Captura1.JPG
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2014/03/programacion-semana-24-30-marzo.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2014/03/programacion-semana-24-30-marzo.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar