Foto da superficie queimada publicada en Faro de Vigo |
A Concellería de Medio Ambiente de Vigo está a traballar en colaboración coas Comunidades de Montes de Vigo afectadas pola catástrofe incendiaria (Valladares, Coruxo, Matamá, Comesaña e Zamáns). A vaga de lume asolou un terzo dos montes comunais do concello, e nalgúns casos como Matamá e Comesaña caseque a totalidade das mesmas.
Dende o día 21 de outubro botáronse a andar as primeiras iniciativas de prevención da erosión das superficies ladeiras con alto risco en erosión por escorrentía. As actuacións realizadas por parte do voluntariado de Camiño a Camiño e dos comuneiros e comuneiras de Valladares e de Matamá, xa están rematadas e consistiron no acolchamento das citadas zonas para evitar a erosión e perda do manto vexetal existente.
A continuación, nas vindeiras semanas, están previstas actuacións de acolchado nas Comunidades de montes de Zamáns, Coruxo e Comesaña. En total máis de 30 toneladas de palla será distribuida e aproximadamente 15 ha atendidas.
Tamén está previsto realizar un curso de iniciación ao voluntariado medioambiental en Vigozoo o vindeiro martes 31 de outubro. Nel habilitarase a 75 dos inscritos nos listados do 010 para participar nas accións citadas e naquelas que se vaian decidindo paulatinamente.
Aquelas persoas interesadas en todas estas actividades poderanno facer no 010 (986810260 dende móbil)