Este martes 31 de outubro a Concellería de Medio Ambiente organizou unha acción formativa para 75 novos voluntarios e voluntarias que van participar nas labores de recuperación nos Montes e Vigo.
Chus Lago, Concelleira de Medio Ambiente, explicou as actuacións realizadas e que se prevén realizar a curto prazo en colaboración coas Comunidades de Montes afectadas. Comentou que 30 toneladas de palla xa está dispoñible e case a metade aplicada nos montes de Valladares, Matamá e Zamáns. Quedá por actuar sobre os montes de Coruxo e de Comesaña. Tamén se están facendo actuación de seguemento de fauna, de activación de viveiros de frondosas e de control de escorrentas nos cursos de regos e regatos
Na sesión participou Juan Picos, Director da Escola de Inxeñería Forestal de Pontevedra, co obxecto de formar aos asistentes ao curso sobre "Actuacións de emerxencia post-incendio". Nela relatou os efectos dos incendios forestais e as actuacións de estabilización de emerxencia, así como as actuacións a medio e longo prazo. A ponencia presentada pódese consultar no seguinte enlace (premer)