Nesta semana do 19 ao 25 destaca o inicio das Conferencias en Vigozoo os xoves de cada quincena. Tamén prosiguen as actividades de Camiño a Camiño coa última etapa do GR53 e coas habituais actividades de voluntariado e hortas.
Conferencias en Vigozoo: "A vida dos planetas (xoves 22 marzo, 19:00, Vigozoo)
A Concellería de Medio Ambiente ten programado para este xoves a primeira das Conferencias en Vigozoo, a cargo de Isabel Rebollido Vázquez, profesora da Universidade Autónomo de Madrid. Máis información na nova do 14 de marzo (premer aqui)
Voluntariado medioambiental (martes, xoves e sábado)
Nesta semana proseguirase o martes e o xoves co marcado do GR-53 en distintos tramos no entorno do Monte Alba.
O punto de quedada será a Pasiva (ver localización) ás 15:45 para desprazarse ao lugar de pintado ou de receñocemento.
O sábado proseguirase coa acción de limpeza no entorno das Covas do Folón, que aínda queda laboura. O lugar de quedada será na Pasiva ás 9:30, para logo acceder ao lugar de limpeza.
Hortas urbanas (toda a semana)
Arranca a tempada de hortas cos preparativos dos espazos e asignación dos bancais. Tamén se seguirá mantendo os alcoubes plantados polo voluntariado de hortas e, ao longo do mes, incorporaranse os/as novos/as participantes procedentes dos cursos que se celebraron neste mes. Os horarios das distintas hortas están dispoñibles na solapa de hortas (premer)
Percorridos medioambientais (domingo 25 marzo)
Esta semana realizarase a cuarta e última etapa do GR53, entre Valladares e Saiáns, pasando por Chandebrigo (unha parte da variante do GR53-1). Son en total de 10,4 km, con certa pendente ao baixar cara Saiáns.
Achegarémonos ao punto central da vaga de lumes de outubro de 2017 e poderemos comprobar cal foi o nivel de desolación vivido naquel desgraciado día.
Lembrar que a inscrición para este percorrido realizase para os empadroados dende o luns ao mércores no 010 (986 810260 dende móbil), e o xoves para os non empadroados.