A primeira das Conferencias de Vigozoo programadas para a tempada de primavera abordou "A vida dos Planetas".
Resultou un éxito de convocatoria e permitiu que a astrofísica Isabel Rebollido realizase, dun xeito maxistral, un repaso de como aparecen os planetas e as estrelas e como posteriormente desaparecen.
Tamén houbo ocasión de plantexarse como evolucionará o sistema solar no que vivimos. En definitiva un achegamente a outra dimensión do cosmos no que vivimos, cun apoio visual que permitiu aos asistentes meterse noutra escala do tempo.