Primeira semana de abril con Paseo o sábado en Saiáns e Percorrido o domingo en Aloia


No mes de abril, a Concellería de Medio Ambiente de Vigo presenta un intenso programa de actividades na natureza: simultáneamente estarán abertos os Paseos polos montes de Vigo os sábados pola tarde e as Sendas a carón dos monumentos naturais en pedra os domingos.

Paseos polos montes de Vigo: Saiáns
A Concellería de Medio Ambiente e a Mancomunidade de Montes de Vigo propoñen pasear polos sendeiros locais de Vigo dun xeito sosegado e apto para todos aqueles que queiran coñecer as riquezas medioambientais, paisaxísticas e patrimoniais existentes nos montes de Vigo.

O primeiro paseo terá lugar polo Sendeiro Local de Saiáns (ver trazado), cun percorrido de 3,1 quilómetros.

Punto de encontro: Parque Forestal de Saiáns (localización en Google Maps
Hora de quedada: 16:30. Duración aproximada: 2:30 horas
Público destinatario: familias con menores, persoas interesadas no coñecemento dos montes de Vigo.
Temas a abordar (ver puntos de interese): os Piñeiros do Mundo, a biodiversidade da Fraga Cal do Outeiro, as vistas panorámicas dende o Castro Alto da Medoña, os muíños naviculares da Estea, etc

Inscrición gratuíta de luns a venres a medio día no 010 (986 81 02 60 dende móbil) ou no apartado Inscricións do blog de montes de Vigo (premer aqui)
Máis información: montesdevigo.servizos@gmail.com ou no 662 23 10 23.

Sendas a carón dos monumentos naturais en pedra: Monte Aloia
Coa entrada do mes de Abril, principia o ciclo "Sendas a carón dos monumentos naturais en pedra"A primeira xirará ao redor do  Monte Aloia cunha dimensión non vista ata o momento en Camiño a Camiño: a conformación xeolóxica e as súas manifestacións na paisaxe. 

Para estes percorridos de abril modifícase o horario da actividade pasando a ser a convocatoria as 8:00 na Praza do Rei e a saída as 8:30. Nesta ocasión agárdase poder chegar a iso das 15:00.

As características do percorrido recóllense a continuación:







Atención: novo proceso de inscrición para as Sendas ao carón dos monumentos naturais

A inscrición realizarase como sempre no 010 (986 81 02 60 dende móbil) de luns a mércores (o xoves para non empadroados). 

novidade na inscrición consiste no sistema de pago (3 euros medio día e 7 euros día completo; 50% de desconte a menores de 12 anos). Modificando o expresado na publicidade, terá que facerse a través da Sede electrónica do Concello de Vigo no apartado Autoliquidación do pago de Actividades "Percorridos medioambientais". En principio está previsto que nun mesmo trámite se poidan efectuar os pagos de varios inscritos/as indicando simplemente nome e apelidos e percorrido. Dará opción para o pago con tarxeta ou para a impresión do impreso de autoliquidación e posterior pago nunha entidade bancaria autorizada.
Ata o luns 2 de abril non estará operativo e no momento de inscrición no 010 xa informarán en que momento se abrirá

Para poder participar na actividade é necesario presentar o xustificante do correspondente pago, habendo únicamente prazas de autobús para o número de prazas pagadas o venres pola mañá.
Nombre

Avisos,2,Fotos,51,Novas,132,Programación,5,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2022: Primeira semana de abril con Paseo o sábado en Saiáns e Percorrido o domingo en Aloia
Primeira semana de abril con Paseo o sábado en Saiáns e Percorrido o domingo en Aloia
https://1.bp.blogspot.com/-h6k8X3QYKiI/Wr-2y72doUI/AAAAAAABT64/qgUQ2sjUrAIJ_BbbkusgsDqKgPGYt4bjwCLcBGAs/s320/Pi%25C3%25B1eirosM-Detalle-130.JPG
https://1.bp.blogspot.com/-h6k8X3QYKiI/Wr-2y72doUI/AAAAAAABT64/qgUQ2sjUrAIJ_BbbkusgsDqKgPGYt4bjwCLcBGAs/s72-c/Pi%25C3%25B1eirosM-Detalle-130.JPG
Camiño a Camiño Vigo 2022
https://www.caminoacaminovigo.org/2018/03/primeira-semana-de-abril-con-paseo-o.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2018/03/primeira-semana-de-abril-con-paseo-o.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar