Ninguén sabía que sorpresa nos tiña agardando o Monte Pindo: vento, néboa, frío... a saber. Ao aproximarnos todo estaba un pouco gris e non apuntaba nada ben.
Cando baixamos dos cinco autobuses os camiñantes non sabíamos se seríamos comidos pola maixa do lugar. A temperatura era agradable, o sol facía acto de presenza anque con ameza de néboa, seguíamos imparables a atoparnos cun misterio.
Total, que a montaña tiña previsto abrirse de par en par aos visitantes e ensinar a súa cara máis amable e así foi. Simplemente espectacular a paisaxe que nos atopamos, unha mestura de pedra e toxo combinado de figuras por todas partes, como se dunha pesadilla estiveramos falando. Os resultados intentamos recollelo en fotografias que podedes atopar neste enlace (premer) ou na solapa Fotos 2018