A programación de Camiño a Camiño da Concellería de Medioambiente de Vigo prosigue nesta terceira semana de abril con: inscrición para a Ruta polo Courel (28-29 abril), Percorrido de día completo polo Monte Pindo (domingo), Paseo polos montes de Zamáns (sábado), Curso de viticultura (sábado), e como sempre, con voluntariado (ver avisos) e hortas urbanas.
O tempo semella que vai acompañar unha boa parte da semana. Xa veremos a fin de semana.
Inscrición para a Ruta polo Courel (28-29 abril) (50 prazas)
A actividade de fin de semana consistirá o sábado nunha ruta no entorno de Folgoso do Courel e o domingo nunha ruta, xunto co grupo procedente de Vigo, no entorno do Pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós (Concello de Quiroga). Máis información no dossier adxunto, xunto con información da inscrición (premer).
Como sempre nas Rutas por Galicia, a inscrición empeza con dúas semanas de anticipación. Nesta ocasión hai que facela no 010 entre o luns 16 e o mércores 18 para empadroados e, se sobran prazas, o xoves 19 para non empadroados. Pensar que hai que pechar o número de participantes co aloxamento.
Ata o xoves 19 de abril pagaranse os 15 euros iniciais polo sistema de pagos (sede electrónica: tarxeta o carta de pagamento -premer para ver procedemento- ou solicitando a carta de pagamento presencial na Concellería de Medio Ambiente)
Ata ese mesmo xoves 19 de abril hai que presentar o xustificante de pago e a Ficha de inscrición específica (está inserta ao final do dossier ou premendo aqui) , na que ou ben a título individual ou ben en grupo/matrimonio se especifican datos para a reserva do aloxamento e para a manutención. A presentación pódese facer telemáticamente no correo info@caminoacaminovigo.org ou presencial na Concellería de Medio Ambiente (2º andar do Concello de Vigo, entre 9:00 e 14:00)
Sendas a carón dos monumentos naturais en pedra: Monte Pindo (Carnota)
Esta terceira senda permitiranos achegar ao mítico Monte Pindo (concello de Carnota), cunha xeomorfoloxía particular chea de bolos de granito.
Dada as características do terreo optouse por facer dous trazados:
a) Percorrido ata a Pedra da Moa, de dificultade alta polo pronunciado desnivel a subir e logo a baixar (pendente media 14% e pendente máxima 33%). Requírese certa axilidade para sortear pedras
b) Percorrido pola falda do Pindo, de dificultade media-baixa. Neste caso haberá tempo para poder visitar a Fervenza do Xallas, en Ézaro.
Advertencia: no caso de condicións climatolóxicas adversas, non se poderá subir ata a Pedra da Moa por motivos de seguridade, facendo unha ruta alternativa.
Lembrar que o horario da actividade é: convocatoria as 8:00 na Praza do Rei e saída as 8:30. Nesta ocasión trátase dunha saída de día completa, podendo chegar as 21:00 horas.
Recomendacións: É importante levar boas botas, bastóns, roupa cortaventos (soe facer bastante vento) e suficiente auga para todo o día. Tamén levar roupa e calzado de reposto por se chove (deixámolo no autobús)
A inscrición farase ata o mércores -non empadroados, o xoves- no 010 (986 81 02 60 dende móbil) e o pago da achega de 7 euros ata o venres as 13:00 a través da Sede Electrónica (aquí) ou recollendo os impresos de pago nas oficinas da Concellería de Medio Ambiente (2º andar, de 9 a 14h ata o xoves). Máis información do proceso de pago na seguinte guía de uso.
Paseos polos montes de Vigo: Sendeiro Local de Zamáns
Seguindo cos paseos propostos pola Concellería de Medio Ambiente e a Mancomunidade de Montes de Vigo de cara a coñecer as riquezas medioambientais, paisaxísticas e patrimoniais existentes nos montes de Vigo, nesta ocasión toca achegarse aos montes de Zamáns, entre o encoro e o monte Galiñeiro. Un lugar de moitos contrastes.
Punto de encontro: Praza da Leiteira de Zamáns (localización en Google Maps)
Hora de quedada: 16:30. Duración aproximada: 2:30 horas
Público destinatario: familias con menores, persoas interesadas no coñecemento dos montes de Vigo.
Temas a abordar: flora e fauna a carón do encoro de Zamáns, os incendios vividos nos montes de Zamáns e a reforestación, etc
Inscrición gratuíta de luns a venres a medio día no 010 (986 81 02 60 dende móbil) ou no apartado Inscricións do blog de montes de Vigo (premer aqui)
Máis información: montesdevigo.servizos@gmail.com ou no 662 23 10 23.