Acampada e Visita a Cies: Información de utilidade


Os inscritos/as nas actividades en Cíes promovidas pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo estamos desexando que chegue a fin de semana para gozar da illa e introducirnos no seu misterioso manto. 

Para que sexa o máis satisfactorio posible, achegamos algunha información de utilidade tanto para a Acampada familiar do 19-20 maio como para a Visita do 20 de maio.

ACAMPADA FAMILIAR 19-20 MAIO
Hora de rexistro: 9:30. Temos que recoller os billetes e o localizador de entrada na illa, que son personalizados e van ser solicitados no momento de acceder ao peirao de Cies. Nese momento faise o abono do importe (levar o importe xusto se é posible)

Hora de embarque: 10:45 para entrar as 11:00 no barco (retrasáronnos 15 minutos sobre o previsto inicialmente)

Atención: no momento de chegada haberá que someterse ao proceso de control de acceso á illa por parte de persoal do Parque. Tentaremos que sexa o máis áxil posible.

Actividades previstas. Sábado mañá: montaxe e tempo libre. Sábado tarde: actividade de conservación e visita guiada. Sábado noite: observación nocturna de estrelas (con membros da Fundación Ceo). Domingo mañá: recollida tendas  e ruta guiada (opcional). Domingo tarde: tempo libre

Asignación de tendas. Para aquelas familias que solicitaron tenda, realizarase a asignación ao chegar ao camping segundo o número de prazas solicitadas. Na medida do posible, atenderanse as preferencias de proximidade ou de compartir tendas. 
Podedes ver na fotografía como está disposto o campamento, que se ubicou xusto á entrada do camping, e tamén a dispoñibilidade dun espazo comedor, que necesariamente haberá que establecer turnos para o seu emprego.



Recomendacións importantes: 
- Documentación imprescindible: DNI (pedirán identificación) e Tarxeta sanitaria
- Carriño da compra con rodas para levar material (é moi práctico para transportar mercancía ata o camping), aparte das mochilas oportunas.
- Gorras e crema solar (a incidencia solar é moi forte na illa), así como gafas de sol.
- Roupa de abrigo para a noite (baixa moito a temperatura)
- Calzado de camiñar (tipo bota de sendeirismo) para o momento de facer as rutas.
- Saco de durmir o máis cálido dispoñible, xunto con esterilla ou colchoneta. No caso de que sexa lixeiro reforzar con manta e/ou con roupa de abrigo para durmir con ela posta.
- Comida para  todo o período e auga para hidratarse ben. O restaurante está aberto, pero non o supermercado.
- Lanterna para a noite.
- Útiles de aseo, toalla, bañador e resto de enseres ordinarios.


VISITA ILLAS CÍES 20 MAIO
Hora de rexistro: 9:00. Temos que recoller os billetes e o localizador de entrada na illa, que son personalizados e van ser solicitados no momento de acceder ao peirao de Cies. Nese momento faise o abono do importe (levar o importe xusto se é posible)

Hora de embarque: 10:00 para entrar as 10:15 no barco 

Atención: no momento de chegada haberá que someterse ao proceso de control de acceso á illa por parte de persoal do Parque. Tentaremos que sexa o máis áxil posible.

Actividades previstas. Ver enlace para máis detalle de rutas a facer pola mañá e pola tarde (opcional). Vaise abordar a xeoloxía de Cíes, que sen dúbida é singular. No citado enlace tendes acceso tamén á Guía Xeolóxica do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Recomendacións importantes: Como está dando unha previsión de moita calor é recomendable levar gorras e crema solar (a incidencia solar é moi forte na illa), así como gafas de sol e moita auga para evitar deshidratación. Tamén se recomenda levar calzado de camiñar para evitar feridas en pés.
Nombre

Avisos,3,Fotos,84,Novas,201,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Acampada e Visita a Cies: Información de utilidade
Acampada e Visita a Cies: Información de utilidade
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg7rDWqqIW-giCpn-wufl8AfLoQ9hBMHMgoI7-dBe0lsn1AqAQfRj_UWFa6H5hyUhka043r4VGpY4YVtlpm2LQIrpno0ryLz3Tuwv_3pnkHO0Aj_Xnuyh1Lc6UzT0ykKOkxtMVIM6a_o69M/s320/AcampadaCies18+%25284%2529.jpeg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg7rDWqqIW-giCpn-wufl8AfLoQ9hBMHMgoI7-dBe0lsn1AqAQfRj_UWFa6H5hyUhka043r4VGpY4YVtlpm2LQIrpno0ryLz3Tuwv_3pnkHO0Aj_Xnuyh1Lc6UzT0ykKOkxtMVIM6a_o69M/s72-c/AcampadaCies18+%25284%2529.jpeg
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2018/05/acampada-e-visita-cies-2018-1.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2018/05/acampada-e-visita-cies-2018-1.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar