A Concellería de Medio Ambiente de Vigo modifica a inscrición na Visita as Illas Cíes prevista para o 27 de maio por motivo do cambio de sistema na reserva para acceso ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, quedando como segue:
2ª Visita ás Illas Cíes (domingo 27 maio, 9:00 na Estación Marítima, 7 euros a pagar no momento de embarque, 400 prazas): inicio de inscrición... luns 14 de maio no 010 (986 81 02 60 dende móbil)
Acampadas familiares
As acampadas previstas para o 19-20 de maio e 26-27 de maio manteñen a súa inscrición na semana da actividade, ou sexa, o 14 e o 21 de maio, respectivamente.
Lembrar neste caso que teñen que inscribirse familias (proxenitores ou titores legais cos seus fillos/as ou titorandos) e que quen o solicite disporá de prazas nas tendas de campaña provistas pola organización.
As familias que teñan obtido praza para a Acampada no 010 (986 81 02 60 dende móbil) terán que cubrir a seguinte ficha de inscrición (premer) e presentala ou ben a través de correo electrónico en info@caminoacaminovigo.org ou ben na Concellería de Medio Ambiente (2º andar do Concello de Vigo) en horario de 9:00 a 14:00 ata o xoves previo á actividade.
Resulta imprescindible detallar se se solicita tenda de campaña a efectos de organizar a actividade. Tamén é importante leer as recomendacións indicadas na ficha, particularmente levar roupa de abrigo e sacos e/ou mantas de suficiente abrigo dada a baixa temperatura pola noite. Tamén é fundamental levar crema solar e gorras.
Lembrar que durante a estadía en Cíes estará aberto o restaurante do Camping pero non o supermercado. A organización montará na Acampada un espazo comedor de uso compartido.
NOVA INFORMACIÓN SOBRE ACAMPADAS FAMILIARES: O proceso de control de saída e abono da achega (7 euros/persoa, levar cambiado por favor) terá lugar a partir das 9:30 na zona de embarque. Ter en conta que ás 10:30 teríamos que xuntarnos para embarcar.
AVISO: A participación nas Acampadas familiares non son compatibles coa inscrición nas Visitas a Cíes.
Máis información en solapa Rutas e Acampadas (premer) ou no teléfono 662 23 10 23 en horarios de oficina.