A pesar da presenza inicial da auga, a Vª Andaina polos montes de Vigo organizada pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo e co patrocinio de Vegalsa-Eroski e de Coca Cola, viuse arriba a medida que en cada saída se incorporaba máis e máis xente, ata 850 participantes de todas as idades.
Daba gusto ver como a senda "vermella" dos participantes atravesaba os distintos montes dende Cabral ata Valladares, pasando por Bembrive, Beade, Comesaña e Matamá. Uns marcáronse o reto de facer os 39 km de percorrido total, outros foron máis prudentes e fixeron os 32, 22 km ou case 8 km dos percorridos medios e curto.
As familias animáronse coa Pequerruta, de 2km. Tamén houbo participantes na ruta adaptada para as persoas con mobilidade reducida.
Pódese acceder ás fotos da Vª Andaina polos montes de Vigo 2018 premendo aqui