Terceira semana de Camiño a Camiño con visita ao Rosal e actividades familiares en Vigozoo


Continuando coas sendas a carón do Viño, nesta semana toca achegarse o domingo á privilexiada comarca do Rosal e coñecer algúns dos seus encantos. 

Tamén terá lugar en Vigozoo o sábado pola tarde a primeira actividade familiar de sensibilización en relación coa contaminación lumínica e de plástico de un só uso (entrada gratuíta). As inscricións para esta quenda ou para a da semana que vén realízanse no 010 (986 81 02 60 dende móbil) ata o xoves e conlevan unha segunda parte en Ancares no mes de novembro (ver programación). 

Percorrido polo Rosal.
O trazado previsto permitiranos comprobar o microclima que se xera na zona, moi axeitado para o cultivo da uva, sobre todo as variedades de albariño e loureira, e para outras producións agrarias. Tamén comprobaremos como dende o nivel do mar se elevan dúas serras, a da Groba e a do Argallo, ata a chaira. 
No percorrido gozaremos de miradoiros naturais con vistas ao Atlántico e ao Esteiro do Miño, así como a visita aos muíños do Folón, declarados Ben de Interese Cultural, e onde se concentran arredor de 60 "muños", que é como se denominan na zona.

A actividade é de día completo, cunha distancia a realizar en todo o día de 15,2 km e tramos cun importante desnivel (moi recomendable bastóns e botas que aguanten os nocellos).

Lembrar que a inscrición principia o luns 15 de outubro a través do 010 (986 81 02 60 dende móbil) ata o mércores, e non empadroados o xoves. Unha vez feita a inscrición cómpre realizar o pago da achega a través da sede electrónica ou na Concellería de Medio Ambiente (2º andar do Concello). Para máis información: PREMER GUÍA DE PAGO 

Nombre

Avisos,3,Fotos,84,Novas,201,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Terceira semana de Camiño a Camiño con visita ao Rosal e actividades familiares en Vigozoo
Terceira semana de Camiño a Camiño con visita ao Rosal e actividades familiares en Vigozoo
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEimkFUdJdgZCVOwUtsZmffYU7bRNVEJ9MfxdrVgBmVvyfhx966M9GHD4PDQcfbEJlek-4IfUs2Yx3GuNiXufTVbDk8XKNDkDOQIauML3HWrtyzLibVm-2APduPET95xyorRf928a4QEUTq3/s320/Acampada+VGZ1+%252810%2529.jpeg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEimkFUdJdgZCVOwUtsZmffYU7bRNVEJ9MfxdrVgBmVvyfhx966M9GHD4PDQcfbEJlek-4IfUs2Yx3GuNiXufTVbDk8XKNDkDOQIauML3HWrtyzLibVm-2APduPET95xyorRf928a4QEUTq3/s72-c/Acampada+VGZ1+%252810%2529.jpeg
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2018/10/outubro-3.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2018/10/outubro-3.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar