Para celebrar a 11ª edición de Camiño a Camiño, a Concellería de Medio Ambiente de Vigo, fai unha proposta especial de cara coñecer a paisaxe da Ribeira do Douro (5-7 de abril), que sen dúbida contrasta coas paisaxes que habitualmente visitamos nas rutas por Galicia.
Tomarase como base de operacións en Aranda de Duero e está previsto realizar un sendeiro por espazos moi representativos da comarca de Peñaranda del Duero, así como visitas a espazos históricos e espazos etnolóxicos (VER PROGRAMA E FICHA DE INSCRICIÓN e ver detalle do SENDEIRO PRC-B72 )
Habilítanse 50 prazas e o custe promedio por persoa é de 150€ (ver detalle no Programa)
Dada a complexidade organizativa, a preinscrición para a actividade terá lugar no 010 (986 810260 dende o móbil) entre o luns 11 e o martes 12 de marzo, sendo preciso facer pagamento ata o xoves 14 de marzo as 14:00 segundo o procedemento indicado no PROGRAMA.
Para facilitar as xestións estará dispoñible un servizo de atención a inscritos na Concellería de Medio Ambiente de Vigo (2º andar do Concello) de 9 a 14 horas, así como o teléfono de Camiño a Camiño (662 23 10 23)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiiprKiG8HziLLg_vre-ET8y9EoBNpLCHLlR2S6e90QZcxhr5geFcET2oD4HUUsQ1CBcP1jTJg4OnbyJn9nSoxozRuZY-KmN8JPXd5tqvUvtSpfKzhD6FGgIWHdmdPze59Fjo1pU14UGK0k/s640/Pe%25C3%25B1aranda+del+Duero+-+panor%25C3%25A1mica.png)