A Concellería de Medio Ambiente de Vigo arranca a tempada de Camiño a Camiño para a primavera 2019 cun percorrido clásico: o curso alto do río Lagares. Unha bonita ocasión para coñecer o nacemento do río Lagares en Lagoa Mol, así como tramos do río dunha fermosura descoñecida para a maioría de viguesas e vigueses.
O río Lagares ten unha lonxitude de 17,6 km, todo dentro do termo municipal de Vigo. Nace na Lagoa Mol, a 269 m. de altitude, e a súa conca ten unha extensión de 69,3 km2. O afluente principal na parte alta é o Rego Cernade, que se lle une preto do nacemento, procedente dos montes de Candeán.
No percorrido previsto irase á beira o maior tempo posible, pero en determinados momentos haberá que desviarse por resultar intransitable. Poderase gozar ao principio de todas as zonas húmidas creadas polos meandros conformados polo tránsito tranquilo do arranque do río, con amieirais chamativos (ver a fotografía). Xa no barrio do Carballal, despois do viaducto, o río gaña pendente e as súas augas circulan con maior rapidez, dando pé a pequenas fervenzas e zonas de rápidos. Aparece así o val, denominado Val do Fragoso.
Datos do percorrido:
- Dificultade: baixa
- Lonxitude: 11,3 km
- Duración aproximada: 3,5 horas
- Pendente media: 4,1% / -5,2%
- Recomendacións: aconsellable levar botas pois pásase por lugares con moita auga. Tamén é convinte levar bastón de apoio para o tránsito en lugares esvaradizos.
Inscrición no 010 (986 81 02 60 dende móbil) dende o luns 4 de marzo ata o mércores 7 de marzo (non empadroados, o xoves).
Máis info: apartado Rutas e Actividades Familiares