Terceira semana de outono: Castelo de Sobroso e curso sobre botánica en Vigozoo

Nesta terceira semana de outubro, a Concellería de Medio Ambiente de Vigo proponche participar o xoves 17 de outubro, pola tarde en Vigozoo, na Charla "Nocións básicas para interpretar os parques botánicos do noso entorno". O domingo 20, pola mañá, a proposta é seguir coas sendas a carón da botánica, nesta ocasión no Castelo de Sobroso e no seu entorno de Mondariz Balneario.
Inscrición no 010 (986 81 02 60 dende móbil) dende o luns 14 de outubro.

Toda a información da programación nesta web e no programa (PREMER)



Senda a carón da botánica: Castelo de Sobroso e entorno (domingo, 20 de outubro, 9:00 na Praza do Rei, Volta sobre as 14:30) 
A ruta comeza no balneario de Mondariz, onde iniciaremos o percorrido polos antigos xardíns do gran hotel.  Nestes xardíns poderemos contemplar espectaculares árbores centenarias así como antigas edificacións da época de esplendor do balneario, a finais do século XIX e principios do XX,  mesmo atoparemos os restos dunha antiga capela románica. 
Tras este paseo polos xardíns do balneario e do Gran hotel, colleremos camiño con dirección ó Castelo de Sobroso, a primeira parte do percorrido vai por un entorno rural, bastante humanizado pero pouco a pouco imos deixando atrás casas e leiras para adentrarnos no bosque.  Esta primeira parte do percorrido é de subida, mais a pendente non é moi forte, as fermosas carballeiras polas que pasamos e varias fontes farannos máis levadeiro o camiño.



Na metade do percorrido pararemos no castelo de Sobroso, impresionante fortaleza cuxas orixes remóntanse ó século XII, cando foi construído, posteriormente foi destruído polas revoltas irmandiñas no século XV e reconstruído por Pedro Madruga nese mesmo século.  Nos arredores do castelo hai unha senda botánica sinalizada onde poderemos coñecer as principais especies autóctonas da zona, así como disfrutar do bosque autóctono durante a que é para moitos a época onde está máis fermoso, o outono.
Tras a parada no castelo, continuamos a ruta, neste tramo costa abaixo, ata o castro de Troña, un dos maiores e mellor conservados castros de toda a comarca.  Este castro, como a maioría dos castros galegos, ocupa un outeiro cunha posición estratéxica dende onde temos unhas espectaculares vistas da contorna.  A ruta remata ó pé do outeiro do castro, onde nos recollerán os autobuses.

Nombre

Avisos,5,Fotos,91,Novas,220,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Terceira semana de outono: Castelo de Sobroso e curso sobre botánica en Vigozoo
Terceira semana de outono: Castelo de Sobroso e curso sobre botánica en Vigozoo
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg81rN-XNF7I1cWqX_FOKs9M5wJR0I6pLy9ALpJJvdjZoFWbZTLfz4Py1dgT_WdtSvjc1-YxDMHVGz9cYJL_1bCGa4U35QhlrcxzQm0rguncC8XKhY5kIfCrlUNskTfK9D_MFpkZvdnlQDS/s400/Castelo+de+Sobroso_a%25C3%25A9rea.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg81rN-XNF7I1cWqX_FOKs9M5wJR0I6pLy9ALpJJvdjZoFWbZTLfz4Py1dgT_WdtSvjc1-YxDMHVGz9cYJL_1bCGa4U35QhlrcxzQm0rguncC8XKhY5kIfCrlUNskTfK9D_MFpkZvdnlQDS/s72-c/Castelo+de+Sobroso_a%25C3%25A9rea.jpg
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2019/10/outubro-2019-semana-3.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2019/10/outubro-2019-semana-3.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar