Nesta cuarta semana de outubro, a Concellería de Medio Ambiente de Vigo proponche participar o xoves 24 de outubro, pola tarde en Vigozoo, na Charla "Abonos e produtos fitosanitarios caseiros: remedios de forma ecolóxica". O sábado 26, as 10:30, tería lugar a charla "A mellor colleita e como conservala", con prácticas asociadas.
O domingo 27, pola mañá, a proposta é seguir coas sendas a carón da botánica, nesta ocasión no Parque botánico do PTL de Valladares e río Barxa.
Inscrición no 010 (986 81 02 60 dende móbil) dende o luns 21 de outubro.
Senda a carón da botánica: Parque botánico do PTL de Valladares e río Barxa (domingo, 27 de outubro, 9:00 na Praza do Rei, Volta sobre as 14:00)
A ruta comeza no Parque Tecnolóxico de Valladares, onde conflúen diversos regatos para conformar o río Barxa. Neste tramo disfroitaremos dun fermoso bosque de ribeira.
Logo proseguirase pola beira do río e atravesaremos o hospital Álvaro Cunqueiro ata entrar na parroquia de Castrelos. Neste tramo do río contemplaremos lugares fermosos e descoñecidos ata que finalizaremos na desembocadura do río Barxa co río Lagares en Sárdoma.